lunes, 24 de octubre de 2011

A primeira Feira do Viño

Esta seica é a portada do programa de man da "1ª Feria Exposición de Vinos del Ribero". Aparece publicada no Facebook do Museo Etnolóxico da vila, a onde podedes acceder premendo neste enlace.
Eu non sei se o coñeciades, pero penso que ven ás mil marabillas, a súa publicación xa que tempo atrás publicara no blog os da segunda, e o da terceira feira.
Por outra banda, xa me gustaría a min poder publicar os carteis de tódalas festas de Ribadavia ó longo dos anos, tanto os das Feiras do Viño, como das do Portal.
Lembro algúns moi fermosos que empapelaban as paredes do forno do meu avó, e que xa se perderon. E agora que falo disto, e aínda que a dúbida me invade, penso que algún ía firmado polo meu pai.


2 comentarios:

  1. Ó ler o texto lembrome da perruquería do José o "Cachetada", que tiña decorada a parede con banderins dos carteis das Feiras do Viño. FJB

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polo blog, e desde logo atopar o primeiro cartaz da Feira do Viño do Ribeiro, fantástico

    ResponderEliminar