domingo, 11 de marzo de 2018
Unha nova postal de San Domingos
sábado, 14 de mayo de 2016
Orquesta "Benjamín y sus muchachos"
viernes, 21 de marzo de 2014
Orillas del Avia
domingo, 3 de febrero de 2013
Murgas e cancións dos Carnavais de Ribadavia
![]() | |||
| Portada |
![]() |
| Marcos Gómez Moure |
martes, 6 de noviembre de 2012
O adro de San Domingos
Xa no ano 1886 documéntase o seu uso como cuartel dos Batallóns da Reserva e desde o ano 1902 proxectábanse no seu teatro sesións de cinematógrafo “invento prodixioso do século XX” .
Son eses piñeiros os que me traen á memoria un encontro nese monte con D. Delfín. Lembrades ? Era un dos mestres do Grupo Escolar, xunto con D. Pepe e D. Pedro.
Pois ben, unha tarde iamos meu avó e máis eu cara ó "Palomar" e a "Ibia", cando ó lonxe albiscamos como alguén trataba de gatuñar a un piñeiro, aproximámonos e atopamos a un D. Delfín suoroso, en mangas de camisa, pero co chaleco ben posto, mentres que e a chaqueta e o chapeu, penduraban do cano dunha pequena escopeta do calibre 36 que durmía apoiada nun penedo.
Levaba xa apañados unha chea de piñóns polo chan, mais tentaba acadar aínda alguha piña máis. Queixábase de que non había caza, pero eu penso que devecía polos piñóns.
lunes, 22 de octubre de 2012
O ábside de San Domingos e os seus arredores
martes, 16 de octubre de 2012
O blog de Paco Couto
lunes, 24 de septiembre de 2012
Castrelo según Couto
Moitas grazas Francisco polo teu debuxo.
jueves, 13 de septiembre de 2012
Un músico en Cuba
lunes, 30 de abril de 2012
As casiñas de Javier
lunes, 12 de marzo de 2012
O altar en cor
miércoles, 16 de noviembre de 2011
Ribadavia por Feijóo
viernes, 28 de octubre de 2011
Infografía do Castelo
Chamoume a atención polo novedoso do asunto, xa que, sabía que existían cousas deste estilo, pero dos grandes monumentos artísticos do mundo, e nunca pensei que se fixese algo así sobre a nosa vila.
Aproveito tamén para felicitar e darlle as grazas ós autores deste fenomenal traballo, que sen ninguha dúbida, axudará a poñer aínda máis en valor o noso patrimonio artístico. Son o profesor Miguel Taín, e os arquitectos Miguel Ángel Calvo Salve, e Mª Jesús Blanco.
Por outra banda sinalar que os autores das investigacións históricas que fixeron posible este traballo son:
David Chao Castro na época medieval. María José Villar na idade moderna, e Sagrario Abelleira Méndez que se ocupou da época contemporánea.
Que o disfrutedes.
viernes, 10 de junio de 2011
A capela do Portal II
Entrei fai pouco nela, e está ben conservada, pero o que non fixen foi entrar á parte alta, pola ponte que a une a San Domingos, que era por onde, de costas ó párroco, entrabamos de pequenos, cando axudabamos a misa de monaguillos, para fedellar nun pequeno órgano que alí había, e que ainda soaba ben.
No órgano grande, no da igrexa parroquial, por moito que nos subiamos, e pedaleabamos nos fuelles, non eramos capaces de facelo soar.
Non sei en que estado estarán agora, se é que ainda existen.
Pasade unha boa fin de semana.
jueves, 9 de junio de 2011
A capela do Portal I

miércoles, 8 de junio de 2011
No Castelo III
jueves, 2 de junio de 2011
No Castelo II
Esto fai que a intervención de restauración se teña que facer pola vía da urxencia, tratando de manter e consolidar a estabilidade dos muros.
Debaixo poño unha foto que aínda que ten pouca calidade, amosa os traballos de excavación feitos nos anos cincoenta no seu interior, onde se ven claramente os restos da necrópole que alí había, e a fermosa fonte plateresca que centraba o patio principal, que segundo Francisco Pons Sorolla, conservábase, aínda que caida.

miércoles, 1 de junio de 2011
No Castelo I
Así era o interior do Castelo no ano 1951 cando este arquitecto recibe o encargo de restaurar e reconstruir o casco histórico da vila.
Parece ser que todo comenzou no ano 45 tras un informe de Chamoso Lamas sobre a monumentalidade de Ribadavia, e a necesidade de facer intervencións para conservala do xeito mellor posible.
Entre as moitas actuacións que se levarán a cabo entre os anos cincuenta e setenta en toda a vila, destaca a intervención no Castelo, na que será o propio Chamoso Lamas quen se encargará das excavacións arqueolóxicas.
Como vedes, antes das excavación, era un solar rodeado de muros que ameazaban con cair debido ás fendas que presentaban en moitos sitios as murallas, e por suposto non había nin rastro da necrópole que uns anos máis tarde aparecería baixo o chan.

viernes, 20 de mayo de 2011
O misterio das campás de San Domingos
Esta entrada non estaba prevista, pero a escribo por vía de urxencia, xa que considero que ten certa importancia para rematar con esta pequena serie adicada á nosa igrexa parroquial.
Como pudestes comprobar no gravado que puxemos o outro día, chamaba poderosamente a atención a ausencia da campá na torre da igrexa. Eu, a verdade, non lle din maior importancia, aínda que me extrañaba moito que ao autor do gravado se lle esquencese este detalle, tal e como eran de puntillosos estes debuxantes.
Rapidamente Lolín me fai chegar un documento que aporta algo de luz a este misterio. Trátase dun artigo escrito polo pai dominico Aureliano Pardo, que foi publicado nos Boletíns da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense no ano 1932, e que transcribo a continuación:
"Exclaustrados los Dominicos, pasó su convento a manos del Estado, que se dió prisa a enajenar las campanas de la iglesia, según vemos por una Real Orden de 14 de Setiembre de 1837,las cuales fueron embarcadas en Vigo con dirección a Inglaterra, excepto la mayor que fué canjeada por otra de la Colegiata de dicho puerto, y resulta hoy la mejor y más grande del pueblo . Tan poca importancia daban aquellos funestos gobernantes a tan artística iglesia, en un informe del año 1844,que ni siquiera la consideraban digna de conservación .
En cuanto al edificio conventual, al ser desalojado por los frailes, cayó en manos de D. José López Noblino,representante de la Comisión de Arbitrios de Amortización de Ribadavia, el cual se aprovechó bien de él y de sus rentas hasta el 21 de Julio de 1837 en que por orden superior se hizo cargo del mismo el Ayuntamiento, a quien se le cedió en definitiva a principios del año 1851 .
Sus destinos, a partir del año 1849, fueron muchos y diversos. En dicho año y los sucesivos, encontramos instaladas en los diferentes departamentos del convento, las escuelas nacionales de niños y la academia de la banda de música ; en 1851 trasladóse allí el hospital de la Villa ; y para su más cómoda instalación derribáronse con fecha de1854 las dos alas del edificio contiguas a la iglesia o sea la mitad del mismo,quedando ésta aislada ;en el resto del."
Penso que este texto do historiador dominico explica claramente a ausencia da campá da torre, ó mesmo tempo que aporta información útil para poder datar ese gravado.
jueves, 19 de mayo de 2011
O retablo de San Domingos
Así, como o vedes nesta foto, estaba decorado o ábside central de San Domingos. Os que coma min nacestes despois da década dos cincoenta, non tivestes a oportunidade de coñecelo, xa que o retablo foi desmontado no ano 1960. Daquela a sociedade ribadaviense sorprendeuse ó ver o templo iluminado polas vidrieiras que levaban moito tempo tapadas polo retablo. O que non sei é si mereceu a pena. Iso teredes que valoralo vós.
Segundo me conta Lolín este fermoso retablo foi obra de Francisco de Castro Canseco, “o Churriguera galego”. A quen llo encargou Dona Leonor Mª de Córdoba, que era a viúva de D. Miguel Sarmiento de Mendoza, Conde de Ribadavia. Rematouse o día 25 de Abril do ano 1712 , e custou 23.000 reales de vellón. Polo que si se conservase hoxe, o vindeiro ano cumpliría os tres séculos.
Como dicía antes, desmantelouse no 1960, quedando somentes no altar maior, o camarín central coas imaxes da Virxe co Neno, en actitude de facerlle a entrega do Rosario a Santa Catalina , e a San Domingos. O resto das imaxes descontextualizadas foronse distribuindo polo templo, mentres que outras pezas se aproveitaron para os altares laterais. A raiz do ConcilioVaticano II, as tres imágenes citadas, (as centrais) fueron sustituidas polo Cristo do camarín central, e trasladadas ata un altar ó lado da sacristía.
Lolín nun traballo que fixo sobre o retablo, atopou unha nota de D. Julio, que era o párroco nesa época, na que con data do 24 de Novembro, lle escribía a Monseñor Temiño, Obispo de Ourense:
”Al desmontar la casi totalidad del retablo de estilo barroco el arquitecto y el Sr. Chamoso Lamas separaron algunas piezas que consideraron de algún valor, el resto quedó como chatarra (sic) y ocupa la casi totalidad del almacén que la iglesia tiene en el hospital y acabará por pudrirse por lo que si el señor obispo lo autoriza lo liquidaré aunque sea a bajo precio” .
E así o fixo.
Grazas Lolín por esta foto, e por toda esta interesante información.












