sábado, 14 de mayo de 2016

Orquesta "Benjamín y sus muchachos"


Xa puxeramos fai tempo unha entrada da Orquesta Alegría, e dentro desta, unha referencia a unha entrada do blog "Mi Ribadavia"  onde aparecía un folleto publicitario de "La orquesta Benjamín y sus muchachos" dirixida por Benjamín González López. 
Eu non sei que relación tiñan entre eles estes dous conxuntos melódicos si é que a tiñan, se compartían músicos, si coexistiron no tempo, ou funcionou un antes que o outro. O caso é que aquí temos outra foto deste grupo que nos envía María Lorenzo, e que nos comenta que o rapaz que sae no medio, vestido de chaqueta branca, é o seu pai José Campo, "O Raíña". Dos demais penso que só coñezo "O Alegría" que é o que está á esquerda tocando a batería.
Outro dos detalles nos que me fixei, aparte dos bonitos atriles que utilizaban, é que nesta foto, non hai ningunha muller, mentras que na foto do blog "Mi Ribadavia" aparece unha  señorita que non coñezo, que penso que sería a vocalista do grupo.
A ver si alguén nos aclara a cousa.




2 comentarios:

  1. O que está a esquerda de Vicente "Alegría" tocando o saxo é o meu tío (e cuñado de Vicente) Benjamín González López "O pirillán". Foi un moi bo intérprete de clarinete (primeiro clarinete da Lira durante anos baixo a dirección de D. Pedro), saxofón e frauta. Hasta que emigrou a Suiza a principios dos 60 sempre compaxinou a banda con orquestas que él formaba e dirixía e que animaban bailes na Peña, no Club Artístico ou en verbenas da bisbarra.
    Un bo home e un gran músico

    ResponderEliminar
  2. El de blanco es mi padre José campo arias alias el RAIÑA

    ResponderEliminar