Esta foto é propiedade tamén de D. Alfredo Escudero e está datada en 1925. A poño hoxe por dous motivos, o primeiro é que a primeira vista podémola confundir coa foto da portada dun deses marabillosos libros publicados polo Museo Etnolóxico de Ribadavia, concretamente o de Imaxes da Infancia, pero non ten nada que ver, son totalmente distintas.
O segundo é que o noso amigo Anxelis do blog Ourense no tempo está a publicar cousas moi interesantes deste colexio que os Irmáns Maristas tiveron en Ribadavia no primeiro tercio do S.XX. Convén que lle votedes unha ollada si o tema vós interesa.miércoles, 13 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario