viernes, 15 de mayo de 2009

Reunión no Miño

Nesta foto de 1927 aparece o meu avó Odilo, natural das Chavolas e casado en Sampaio, polo que supoño que esta foto debe de estar sacada nunha das illas que había no río Miño, antes de que o encoro de Castrelo asolagase todas aquelas veigas. A paisaxe que vedes ó fondo, penso que sería a parte baixa de Santa Cristina, xa cando o río comenzaba a encaixarse cara a ponte.
Por certo non sei se sabedes que no val había catro illas que se chamaban Cabreira, Ailla, Raña e Troncoso, e seica as tres primeiras estaban unidas a maior parte do ano.

1 comentario:

  1. Non tiña nin idea da existencia de esas illas. Debeu de ser un fermoso val.
    Dicirche que o que fica a esquerda, o carón de teu avó, é o meu avó Pepe " O da Botica " como era coñecido na vila.
    Fermosa foto.

    ResponderEliminar