jueves, 9 de julio de 2009

A descarga da uva

Estas dúas fotos están sacadas a finais da década dos sesenta nas rúas da vila. Vós seredes quen de localizar o lugar exacto mellor ca min, e incluso de recoñecer a esa xente, aínda que penso que os tiros van cara a rúa de San Martiño.
Ilustran estas fotos as labores da descarga da uva na adega, e van na liña das outras entradas anteriores que puxen dos carros relacionadas có viño.
Vemos a un dos homes subido ó carro , el é o que vai enchendo as barcaletas que outro vai metendo na adega, e baleirandoas na muega sobre a cuba, ó mesmo tempo que se van pisando. Xa vós irei poñendo máis fotos, xa que hoxe en día non se ven escenas como estas nas rúas de Ribadavia

3 comentarios:

  1. Esta e a rúa San Martín onde se xunta coa praza de García Boente. O home que carrexa coido que é Sasán irmán de Tonán que era zapateiro en S, Xoán.
    A casa e onde vivía a familia Escudero do comercio Ntra. Sra. del Portal .

    ResponderEliminar
  2. Exacto, es la bodega de mi abulo Jose Escudero, en la calle San Martin.
    El señor que aparece en la primera foto a la izquierda creo recordar que se llamaba Pedro, era el dueño del carro.

    ResponderEliminar
  3. O home que está á esquerda, na primeira foto, é o señor Pedro, de Francelos. E o que está enchendo a barcaleta é o seu fillo o Pedriño

    ResponderEliminar