Outra fota das boas, desas que vos gustan tanto, e que como podedes ver está feita na Alameda, moito antes de que se remodelase por enésima vez, xa que non sei cantas veces se transformou. O caso é que cando eu era pequeno, e estudiabamos no Grupo Escolar tiña este aspecto. Pódense ver claramente as rampas de acceso á escola, que se deberon suprimir nos anos setenta cando se fixo un muro de contención adosado ó palco da música, o que obligou ós estudiantes a subir polo sucalco superior que daba á rúa do Sanatorio que se non lembro mal se chamaba do Alférez Provisional.
Por esas rampas era por onde os contei un día que baixabamos coma tolos, correndo para tratar de ser os primeiros en coller os sinais de stop que se gardaban nos baixos do Ruso, e poder ter a autoridade de parar o trafego da, daquela estrada Vigo- Madrid, para que a rapazada cruzara a rúa sen prigo.
Tamén podemos ver o morro do coche de D. Enrique Pumar, un Renault R 10 de cor branco que case sempre estaba alí aparcado en fronte do Sanatorio, un pouco afastado da zona onde se xogaba ó fútbol entre as árbores.
Como na foto sae a dona de Canedo, Mari Carmen Carballal, e son veciños meus, falei con eles e case me identificaron a todos.
Na 1ª Fila (Superior): Choni a da" Recareda", Carmen Carballal, Clara filla do" vista al pepe", Merceditas a do "Coconero" e Valeiras
Na 2ª Fila: Justa a do "Pitolo", Lino un mestre de Prexigueiro que estivo moi pouco tempo no Grupo, o seguinte non o coñecemos.
Na 3ª Fila: Braulio Gulin do que xa publicamos unha foto, Manolita a "Gandalleira" filla do Aladino, Mª Carmen Almuiña filla do Lelo da Vichita, que casara co "Coruñes" teclado dos Cisnes, Antonio fillo da dos Conxelados, e Suso fillo dun dos de Materiales de Construción Martínez.
Na4ª Fila (abaixo): Tito fillo do "Alegria", un rapaz da Vichita do que non recordamos o nome, Pepe da Portanova, Javi o "Calavera", Alfonso, o fillo do Simon o barrendeiro vivía nos Escobetes, e José o " Viñuelas", a quen máis tarde lle alcumarían o "Hendrix".

Choni nos envía un email, onde nos di que o mestre que falta por identificar se chamaba D.Manuel. E que o rapaz que está na fila de abaixo, entre Tito, o do "Alegria" e Javi, chámase Carlos, e efectivamente vivía na Vichita.
ResponderEliminarEfectivamente o rapaz que esta entre o Javi y Tito (Alegria) e meu primo Carlos Gomez Arenosa que vivia na Vichita y un ano mais tarde foi pa Alemania igual que eu que saio na primeira fila y somos netos de Simon Arenosa Vila que vivia tamen na Vichita ,inda que era coñecido como o pai do (vistal Pepe) .Un saudiño
ResponderEliminarEfectivamente o rapaz que esta entre o Javi y Tito (Alegria) e meu primo Carlos Gomez Arenosa que vivia na Vichita y un ano mais tarde foi pa Alemania igual que eu que saio na primeira fila y somos netos de Simon Arenosa Vila que vivia tamen na Vichita ,inda que era coñecido como o pai do (vistal Pepe),eu son Maria Clara Arenosa.Un saudiño
ResponderEliminar