domingo, 19 de diciembre de 2010

Sampaio por S. Llobet

Outra das fotos que fixo D. Salvador no ano 1952 cando se deu unha volta polo Ribeiro. Desta vez tócalle o turno a Sampaio, pero non sei exactamente en que parte do noso veciño pobo estaría sacada esta imaxe.
Fotografía unha escena típica de Galicia, por unha banda o típico hórreo, pola outra unha reunión familiar ou veciñal, onde unhas velliñas con panos nas súas cabezas e sentadas nuns bancos acompañadas dalgún rapaz, quizás estén compartindo algunha labor agrícola, e na parte esquerda da foto, ó final da corredoira un carro de bois cargado de estrume cunha vaca a remolque.
Sen lugar a dúbidas unha proba da laboriosidade das xentes do Ribeiro.



2 comentarios:

  1. Se è Sampaio ten que ser a estrada que vai dende o cruce ata Castrelos (a ponte). O que fai a foto està na rùa mirando hacia o cruce coa antigua estrada Vigo-Ourense, que non se ve e estaria unhos metros màis abaixo e màis alà do carro que se ve na foto.
    un saùdo
    Pepelui

    ResponderEliminar
  2. vamos a ser objetivos esta foto esta
    tomada no barrio do castro en sampaio
    traeme moitos recordos.
    gracias

    ResponderEliminar