lunes, 8 de junio de 2009

Máis tardes taurinas

¿Onde se facían as corridas de touros? ¿Nun campo que había na estrada de Francelos ou no Campo do Consello?. Dna. Digna Soto, que é a propietaria desta maravillosa foto, e que ma cedeu tan amablemente, aseguroume que esta, foi sacada nunha praza instalada cerca de Francelos nun campo que alí había.
Segundo a miña nai, estes últimos festivais celebráronse nos cincoenta, e sempre nese campo. Me conta tamén que estiveran organizados uo polo menos, algo ou moito tiveran que ver, Lázaro Moreno que por aquel entón era o xefe da estación e o pai do Chuchito.
Entre outros podemos ver ós Srs. Santoro pai e fillo, Freijido, Docampo, Loeda, Soto, Chao, Araújo, etc.

2 comentarios:

  1. A carón de Soto recoñezo unha xovencísima Maruja Chao, xusto detrás, aínda que non estou moi certa, Chonita a nai de Paco Rego, e na ringleira de mais abaixo; Marisa Chao con Estrella Escudero.

    ResponderEliminar
  2. Marisa Chao,Estrella Escudero,Charo Chao,..?, José Antonio chao.
    mi aportación.
    Felicidades por tu blogg

    ResponderEliminar