jueves, 4 de junio de 2009

A voda de Agapito Escudero

Gústame moitísimo esta foto de familia sacada no adro da igrexa de San Domingos de Ribadavia. No centro os noivos, e como supoño que xa sabedes as noivas soían vestir de negro, para poder aproveitar logo o vestido ( só se casaban de branco as señoritas de moitos cartos segundo di no seu blog o noso amigo Ánxelis).
Supoño que a foto está feita antes da guerra civil, pero como sempre aproveito para dicirvos que se algún de vós está ben informado deixe abaixo o comentario pertinente, como por exemplo a data desta voda. Tédesvos que animar a facer máis comentarios.
Darlle de novo as grazas a Mª José Bouzas por esta maravilla nas que podo recoñecer ó meu avó Odilo e ó seu irmán Julio.

3 comentarios:

  1. Hola Julio
    Descoñecia esta fotografia, nunca a vira. Vexo a meu pai, moi xoven, à esquerda do abò de Mª Josè, o i Pepe. O meu tio Nestor, outro irman, è o que està na ùltima fila a esquerda. Diante do noivo, o tio Agapito, o irman maior, està Berta, a màis pequena, e ò seu lado, se non me trabuco, a tiu Menchu, nai de Kike e muller de D. Gerardo. Por suposto està meu abò Agapito, e creo que a miña aboa Pura è a que està detràs de Agapito flllo. Tamen recoñezo a outro dos irmans de meu pai, Pepe, de pantalòn corto, e o segundo à dereita de Berta na primeira fila. Seguramente debe haber màis, como Benito ou Concha, pero se estàn non os dou recoñecido.
    O ano poderia deducirse, con bastante aproximaciòn. Teño fotos de meu pai con esa mesma pinta, e soen estar datadas. Mirarèi a que se pareza màis e xa cho comunicarèi.
    unha aperta
    PepeLui

    ResponderEliminar
  2. Concha é a terceira pola esquerda, ten posta unha pel o redor do pescozo.

    ResponderEliminar