domingo, 19 de septiembre de 2010

Na emigración

Outra excepcional testemuña que nos envía Francisco Couto. Concretamente trátase dunha foto na que aparece xente de Ribadavia que andaba a traballar no extranxeiro, na emigración. Aparece no medio dos cinco Filiberto Soto, que era moi amigo do seu pai, que tamén se chamaba Francisco Couto, e que é o que está situado á súa esquerda. O primeiro pola dereita pensa que pode ser un irmán de Filiberto pero non o pode asegurar. Dos outros dous non se acorda, xa que naqueles tempos el era moi pequeno. De Filiberto acórdase ben, e ten del mois bós recordos, xa que tiña moita relación coa súa familia. A foto está fechada o vintedous de Febreiro de 1956, e está feita en Caracas ( Venezuela) moi preto de onde Filiberto tiña o seu negocio, que era unha xestoría.



2 comentarios:

  1. O 1º pola dereita é Antonio Soto (Tony de Soto) irmán de Filiberto.

    ResponderEliminar
  2. O que aparece á esquerda do Filiberto, cunha man apoiada no cinto, é Toñito Davila, fillo do meu tío avó Antonio Davila e da Clotilde. Seica fora a Venezuela acompañando ó seu tío o Coca.
    MAQUIÁNS

    ResponderEliminar