Estas dúas nenas que traemos hoxe ó blog están fotografiadas na Praza de San Xoan, xusto nos soportais que hai na imprenta do Ribadaviense, e xusto tamén, enfronte de onde vivían.
Son Carmela e Rita Dávila, fotografiadas por Polito, que tiña unha pequeña tenda nun calexón da mesma praza.
Polito, e máis o fillo da farmacéutica eran uns grandes afeccionados á fotografía. Tiñan un pequeno laboratorio, e lles facán moitas fotos a tódolos nenos do barrio. Esta en concreto debe de ser de finais dos anos 60.

Pasaron moitos anos dende aquela, e mirade vós por onde, Carmela está feita unha excelente fotógrafa, que inaugura hoxe mesmo unha exposición adicada ó Ribeiro na Tapería " O Rincón do Viño", na rúa Mera Soto da vila.
Alí estarán colgadas as súas fotos, ata finais de Outubro. Debaixo vós deixo o cartel que anuncia a exposición, e vola recomendo vivamente, ó igual que xa vos recomendei algunha vez visitar o seu fotoblog, ó que podedes acceder pinchando aquí.

O cartel é fermosísimo polo que me imaxino a exposición... presuntos parabéns Mimiá.
ResponderEliminarA exposición promete, a ver se podo vela.
ResponderEliminarO Polito tiña, xunta coa súa irmá Luisa, unha tenda na Rúa Yañez, non nun calexón. Estaba no baixo da casa da Elvira.
Un saúdo.
A casa non era da Elvira, era do Paco Couto que vendia pescado e inda vive oxe a sua muller Concha
ResponderEliminar