miércoles, 27 de octubre de 2010

No ano 1978

Aínda que esta imaxe é bastante recente, penso que vale a pena colocala en Maquiáns xa que polo menos a min me trae moi bós recordos dos tempos nos que se xogaba ó baloncesto na cancha que había no Castelo.
Está feita no ano 1978, pero non sei onde. O que aparece agachado, é o dono desta foto, Miguel López Álvarez a quen dende aquí lle expreso as miñas grazas por facerme chegar algunha das súas xoiñas.
O da esquerda coa camisa a cadros non sei quen é, pero o do medio é Cuiñas, e o da dereita Rivera, e detrás aparece o fabuloso Austin Victoria de cor vermello que tiña Miguel daquela, có que fixemos algunha que outra excursión, sobre todo relacionadas con temas de desplazamentos deportivos.
O que lle tocaba ir detrás del ía aviado, xa que a corpulencia de Miguel facía case imposible que alguén fose no asento de detrás do conductor, pero eramos xóvenes e ...¡Non había dolor!




4 comentarios:

  1. O da camisa de cadros chámase Francisco Díaz, era dos do salto, tiña varios fillos entre eles un o que lle chamabamos Suso "o gafas" ou Suso "dos Chalets", que era mais ou menos do teu tempo Julio.
    FJB

    ResponderEliminar
  2. la foto esta en frente al cruze que sube para beade frente al canpante creo que es asi el meson que ayi esta MIGUEL

    ResponderEliminar
  3. !De min, canta falta de ortografía!!!

    ResponderEliminar
  4. Por favor!! No creo que sea tan grave lo de la ortografía, no??

    ResponderEliminar