jueves, 2 de diciembre de 2010

Ribadavia Atlético

Son moi poucas, por non dicir nulas, as fotos que teño de deportes e deportistas da vila. Esta é unha sacada no campo do Xestal, supoño que a comenzos dos anos setenta, aínda que tamén podería ser de finais dos sesenta. É unha mágoa que teña tan pouca calidade, e que apareza recortada por un lado xa que é unha boa testemuña daquel equipo. Acompañando a esta, hai outras que irei poñendo e que me fan supoñer que se trataba dalgún trofeo celebrado por algún motivo especial coma unha festa ou algo así.
Si o outro día vos falaba de Rafael e de Mirian, e da súa afección o fútbol, esta é a proba. Aí os tedes ós dous, o problema e que coñezo a casi todos, pero non recordo os seus nomes, si exceptuamos ó Fidel, ese rapaz que se acoplou na parte dereita do equipo.
Fadece o favor, e deixade a alineación completa. Si podedes dar máis datos, mellor que mellor.

1 comentario:

  1. Por arriba reconozo a Cesarito,Rafa,??, Ford, Hermida,?, Cesar Pandeiro, Ventura. Por abaixo?? Mirian, Presas, Saa, Quinín, ?.
    FJB

    ResponderEliminar