viernes, 11 de noviembre de 2011

Entrega de premios

Esta é a derradeira foto da serie que nos enviou Cuco, e como podedes ver, correspóndese co momento de entregarlle os premios ós nadadores.
O acto celebrouse mesmo a continuación das probas. Fixádevos en que aínda lle corren as pingas de auga pola faciana ó nadadordor que recolle a copa, que non sei quen é, ó igual que tampouco recoñezo á guapa rapaza que llo entrega.

A multitude arremuíñase para ver ós vencedores, e de entre todos eles podo identificar ó pai do "Agapito", o que tiña o establecemento de tecidos na rúa do Progreso, entre a tenda dos Matos e a do "Avelino". Só se lle ve a cabeza, e está situado á esquerda da columna da cantina que se ve ó fondo.
Tamén penso que o rapaz que asoma a cabeza por detrás das copas, como facéndose sitio, é Antonio Padrón, o fillo de Tucho "O Practicante". Á súa dereita está un rapaz con papeis nas mans, como actuando de secretario ou presentador, que tampouco coñezo; pero xusto a dereita, hai unha fermosa rapaciña sentada cun vestido de cor branco, é Marisa Sánchez, filla de Carlos Sánchez o boticario da vila.

Só me resta darlle as grazas a C.G.S. por esta srie de fotos, e pedirvos que por medio dos comentarios nos informedes de quen son os que aparecen nas fotos.


5 comentarios:

  1. Al pinchar sobre esta foto, no aparece en tamaño grande. No así en las otas fotos de la serie.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Xa está solucionado. É un problema que sucedeu varias veces, e que penso que non é culpa miña. Grazas por avisar, así volvo a subir a foto para que se vexa ben.

    ResponderEliminar
  3. O mozo que porta uns papeis na man, e Tino Cortizo, a súa dereita paréceme recoñecer a Luís Angel o fillo de D. Manolo (O dos patos ), e detrás da copa do gañador a Amadeo Juste

    ResponderEliminar
  4. La que está en primer plano entregando el trofeo es María Asunción Fernández Rionegro.

    ResponderEliminar
  5. El que recibe la copa de manos de Asunción es Rubén García que murió hace 4 años

    ResponderEliminar