miércoles, 25 de enero de 2012

A "Emulsión Scott"

Eu non vos sei que haberá de verdade nisto que poñemos hoxe, pero o certo é, que o apelido Retorta estivo sempre moi ligado á nosa vila. Como saberedes, xa fai algún tempo que  falamos nalgunha entrada de Julio, e de Laureano Retorta, e hoxe tócalle o turno a Saturnino, que dito sea de paso, non sei quen era, nin si existíu, ou non.
Ese recorte que vedes embaixo, procede do xornal barcelonés "La Vanguardia", concretamente do xoves 8 de Setembro do ano 1904, e nel publícase unha carta -supoño que de xeito publicitario- de D. Saturnino alabando as cualidades da "Emulsión Scott". Os autores desta forma de "marketing", como se di agora, incluso se atreven a poñer unha ilustración, penso que inventada, da  muller de D. Saturnino.
A Emulsión Scott, non é outra cousa que o aceite de fígado de bacallao, que tomaron xeracións e xeracións de rapaces como complemento vitamínico para medrar fortes e sans. Seica sabía a raios, e digo seica, xa que eu, por sorte, non tiven que catala nunca. 
Polo que sei, segue á venda aínda hoxe, pero as forma de anuncialo foron variando moito ó longo do pasado século, como podedes ver nas outras imaxes.
O caso é que xa a pouco de comenzar o século XX, un ribadaviense participa nun anuncio publicitario, tan só por escribirlle ós importadores deste producto, con esa linguaxe tan suxerente, e decimonónica. Senón mirade como lle chama ó embarazo da súa muller: "estado interesante".
Coma sempre, un ribadavienses na vangarda.
Transcribo a continuación a carta, para que non teñades que forzar a vista.

“Ribadavia, 10 de enero de 1903.
Muy señores míos:
Tengo el gusto de participarles que mi señora esposa durante su estado interesante ha estado tomando su excelente Emulsión Scott, como alimento reconstituyente de sus fuerzas, lo que en gran manera ha contribuido al feliz alumbramiento de un niño sano, gordo y perfectamente constituido. El uso de la Emulsión Scott después del parto ha producido una extraordinaria abundancia de leche rica, de lo que el niño se aprovecha admirablemente.
De usted aftmo. s. s., Saturnino Retorta”





No hay comentarios:

Publicar un comentario