Esta foto si que é boa. Mirade que ben se ve a antiga presa que había no Avia, e da que tanto falamos aquí. No ano 1925, cando Ruth Matilda Anderson fotografiou esta zona do Avia, a presa xa non existía, e no seu lugar intuimos os cachotes que a formaban, amoreados baixo as augas.
Debeu de ser unha grande chea invernal a que a derrubou, xa que somentes a forza das augas poden estragar semellante construcción.
De calqueira forma, imaxinades como sería hoxe este tramo do río si aínda existise esta presa?
As augas nese tramo baixarían repousadas, facilitando incluso os paseos en barca, como se facía hai cen anos, e se fai aínda nalgunha vila da nosa provincia. E si a contaminación o permitise, quizás fose unha zona moi interesante para unha pequena praia fluvial. De feito moitos de nós, os que eramos rapaces nos anos setenta, bañabámonos alí, e aproveitabamos os penedos que hai a rentes dos pilares da ponte de San Francisco para tirarmos de cabeza ó río, debido ó fondo que alí ten.
Julio acabas de confirmar con esta foto la pintura del cuadro de Beruete que tantos quebraderos de cabeza nos dio en el foro del instituto.
ResponderEliminarhttp://www.iribeiro.es/recuerdos28.htm