Moi lentamente van aparecendo novas postais en internet, coma esta que poñemos hoxe, que creo que non debe de ser moi vella, aínda que sexa en branco e negro. Digo isto por que se vos fixades detidamente, vemos claramente os tellados da praza de Abastos, coa súa forma tan peculiar, rodeada dalgunha edificación máis alta, como é o caso do edificio do Banco Pastor, polo lado da dereita, coa súa fachada achaflanada tan característica, e as moles dos edificios do cine Río e do Sanatorio, que destacan pola banda da esquerda.
Se temos en conta que estas construccións se levaron a cabo moi a finais da década dos cincuenta, podemos aproximar a data da postal con bastante exactitude.
Outro picar de faneca ben distinto, é averiguar dende onde está feita, xa que o punto de vista paréceme que é moi alto. Poidera ser dende o campanario de S. Francisco?
No hay comentarios:
Publicar un comentario