Teño, antes de nada, que darlle as grazas a Benito Amil por compartir con nós esta pequena xoia, e proporcionarlle así un pouco de alento ó blogue, para que, polo menos, teña uns días máis de vida.
Digo o de vella postal, xa que como podedes ver está asinada na vila o 27 de Setembro do ano 1905 por un cabaleiro chamado Pardo Becerra, que polo que se ve andaba por aquí de paso.
Pola volta, vemos que o destinatario era J. González Fariña, que residía na céntrica Rue Arcade de Paris. Como estamos nos tempos da información, cun só un clic, fun que de ver en Google Maps a fisinomía do edifico que se corresponde con ese enderezo de París, e que non debeu de mudar moito dende aquela, xa que segue a ser unha fermosa construcción.
En non vos sei moito da historia das postais en España, pero segundo me conta Benito, que en estas cousas está ben informado, esta postal ten a curiosidade de que foi das últimas que se escribiron pola parte dianteira, e dicir na imaxen, xa que a partires deste ano, a xente comenzou a deixar baleira a portada, escribindoas sempre pola parte traseira, tal como o facemos hoxe.
O de que o facemos hoxe é un dicir, xa que todo isto das cartas e do papel está pasando pouco a pouco á historia.
¿Quen envía hoxe unha postal? É máis rápido o WhatsApp.
O de que o facemos hoxe é un dicir, xa que todo isto das cartas e do papel está pasando pouco a pouco á historia.
¿Quen envía hoxe unha postal? É máis rápido o WhatsApp.