Non sei si foi este ano pasado ou o anterior, cando un día Javier "O Ferreiro", colleume por banda na Magdalena, e levoume ó seu taller, onde me ensinou algunhas destas pequenas obriñas de arte, que el fai ós poucos, para ir matando o tempo, coma quen non quere a cousa.
O certo é que con algunhas caixas de froita, e sen máis axuda que un pouco da súa memoria, e algunha ferramenta, Javier amosa a súa boa man para estas cousas.
Non están todos, pero veredes algúns dos edificios máis senlleiros da vila, ou máis ben do Barrio Xudeo, ou mellor dito, os do mundo de Javier, incluindo a súa propia casa, convertida en casa de bonecas, para a ledicia dos máis pequenos.
O que non sabía é que as gravase nun video e as tivese colgadas en Internet.
Felicidades Javier polo teu traballo, e a seguir así.