lunes, 21 de diciembre de 2009

¡Felices Festas!


Os meus mellores desexos de paz, felicidade e prosperidade para todos vós, e as vosas familias neste Nadal que comenza, e tamén para todo o ano novo que entra.
Moitas grazas a todos.
Vou coller uns días de vacacións. Vémonos o ano que ven.

Deixo aquí uns enlaces de regalo, para os que teñades tempo, saibades inglés, e estedes moi interesados en saber o que dicían de nós os viaxeiros anglófonos que percorreron Galicia a principios do s.XX.
Son publicacións que se poden descargar, ou mesmo ler online (pulsando en read online á esquerda). Incluso podedes facer unha busca dentro do libro. Buscade por exemplo Ribadavia, e vós aparecerán tódalas páxinas nas que se fala da nosa vila .


"
Spanish Galicia" de Aubrei Bell publicado e 1922.
"A summer holiday in Galicia" de Catherine Gasquoine publicado en 1911.
"A corner of Spain" de Walter Wood publicado en 1910.
"Galicia, the Switzerland of Spain" de Annette Meakin publicado en 1909.
"Northern Spain" de Edgar Wigram publicado en 1906.

Que os disfrutedes, e si non lle dades ó inglés, sempre haberá alguén ó voso arredor que vós poida botar unha man. Estamos no Nadal.
¡ Felices Festas !



domingo, 20 de diciembre de 2009

Fútbol 1953

A finais do ano 1950 e a comenzos do 1951 no xornal "La Región" aparecen numerosas crónicas firmadas polo corresponsal Novas-Casas falando da compra dos terreos para a construcción dun campo de fútbol na vila. O corresponsal incluso chega a facer enquisas a moitas e distintas persoas da nosa vila, e cada un por suposto ten a súa opinión.
O xoven alcalde deses anos D. Emilio Gómez comenza a tantear ás forzas vivas, pero cada un ten a súa idea. De entrada moitos empresarios ofrecen cartos, aínda que algúns cando a cousa definitivamente se pon seria, bótanse para atrás segundo o alcalde.
Barállanse dúas zonas "O Xestal" e "O Cruceiro" que debe de ser pola estrada de Francelos, e algún outro sitio debido a pequenos localismos. Cada veciño tira para o barrio onde ten a súa vivenda ou o seu negocio, algúns ofertan terreos, evidentemente a cambio dun xustiprezo, outros ofertan donativos, e a verdade é que a cousa vaise liando de tal maneira que ata o Gobernador Civil toma cartas no asunto e fai un doativo de 50.000 pts. como xa vós contei o outro día, que lle dará o pulo definitivo a esta obra.
Como as opinións son moi variadas, e aparecen moitos nomes coñecidos, o mellor será que vos suba os articulos relacionados con este tema a un pdf, nalgunha entrada próxima.

O que non sei de verdade e si esta primeira construcción se corresponde coa do Xestal, xa que esta foto é do ano 1953, o nome do equipo non o sei, e este campo de fútbol non é o Xestal, parece na estrada de Francelos, pero algúns destes veciños seranvos moi familiares.
Eu que recoñeza de pé están O Che, Javier Meruéndano e Antonio Álvarez, e agachados Manuel Lage, e Celso Lorenzo.
Moitas grazas a Mari Cármen López por cederme a foto.



sábado, 19 de diciembre de 2009

D. Carlos Sánchez

Esta foto que me fai chegar Mª José Bouzas é de D. Carlos Sánchez, que xa era farmacéutico na vila a principios do S XX.
Tamén como supoño que sabedes é o fundador dunha saga de farmacéuticos, que continuaron có seu fillo Tirso, có seu neto Tirso, que ten farmacia na Porta do Sol en Vigo, e có seu bisneto Ignacio Sánchez Otaegui, que é o titular da farmacia que hai no centro da vila de Baiona.
O outro día consultando papeis vellos atopei unha noticia do día 15 de Febreiro do ano 1925 na que se dicía :
" La sociedad recreativa "La Peña" de esta vecindad, eligió la nueva Junta Directiva que ha de funcionar durante el entrante año, y que se compondrá de los señores siguientes y con el desempeño de los cargos que se detallan:
Presidente, D. Carlos Sánchez García; Vicepresidente, D. Casiano Feijoó; Secretario, D. Leandro García Santoro; Tesorero, D. Francisco Álvarez; Contador, D. Abelardo Chao; y Bobliotecario D. Benigno Almuíña."
A cousa vista así non ten maior importancia, pero o que me escamou, foi que un mes despois, e na mesma publicación, é dicir o día 15 de Marzo do mesmo ano aparece publicada esta nota:
"Por renuncia del cargo de Presidente de la sociedad recreativa "La Peña" de esta villa, D. Carlos Sánchez García, por unanimidad y aclamación fue elegido para sustituirle, el culto director jubilado de la graduada de niños de aquí D. Etelvino G. Sieiro."





viernes, 18 de diciembre de 2009

Novo alcalde

Esta fotografía debe de ter unha boa historia detrás, pero como non a coñezo, non vola podo contar. Supoño que debeu de sacarse nalgunha celebración ou nalgunha visita de alguén importante á nosa vila, cara a década dos 50.
Podería ser por exemplo dun sábado do mes de Marzo do ano 1951 no que apareceu pola nosa vila o Gobernador Civil de Ourense D. Vicente Muñoz Calero e fíxolle entrega ó noso alcalde dun cheque de 50.000 pts para que iniciase a construcción dun campo de fútbol, cousa que traía de cabeza a D. Emilio, e a moita máis xente, como vós contarei algún día destes noutra entrada.

Eu na foto vexo no centro ó protagonista desta entrada, o que daquela era o xoven alcalde de Ribadavia, Emilio Gómez Casasnovas saudando coa man en alto. Tamén están por aí o xuíz Troncoso Facorro, e Francisco García Deive, que colleu a corresponsalía do xornal "La Región" en Xuño do ano 1951. Me parece ver tamén a José Domínguez, e penso que de espaldas está Javier de Burgos. Seguro que vós coñeceredes a máis xente e nós diredes algo.





jueves, 17 de diciembre de 2009

Tertulia na ponte

Nesta foto eu só coñezo a Antonio Freijido, que é o que está no medio apoiado no barandal da ponte entre os dous homes vestidos de militar, que non sei si o son, ou é que son gardas municipais da vila. Gustaríame moito que alguén poidera identificar a toda esta xente e deixase algún comentario.
A foto parece bastante antiga, e pode que sexa da década dos trinta, cando en Ribadavia había Garda Municipal, pero non vós pensedes que a houbo sempre. Por exemplo baixo a alcaldía de D. Emilio Gómez Casanovas convócanse oposicións a Municipais, xa que non había dende facía anos, e os veciños queixabánse das acumulacións de lixo nas rúas, das velocidades das bicicletas, do paso dos camións do pescado e da falta de alumeado nalguhas rúas.
O corresponsal de "La Región", Antonio R. Casasnovas que firmaba co alcume de Novas-Casas, o día 7 de Marzo de 1951 publica unha anécdota desas oposicións ás que se presentan unha vintena de aspirantes. Tras nomear ós compoñentes do tribunal, describe así no xornal o que pasou:

"En todos los concursantes se nota esa nerviosidad propia de estas solemnidades. Para ellos, casi todos obreros del campo, es lo que se dice "una papeleta" el presentarse ante las autoridades y contestar sin "tatalear" a las preguntas de rigor. Uno de ellos, por cierto el pedáneo de San Andrés y nada menos que ex-guardia urbano en Vigo, es el candidato que más asusta a los demás, porque no cabe duda que haber sido guardia municipal en Vigo, representa ya categoría, y precisamente este individuo es el que motiva esta glosa de hoy.
Alto, fornido, sin quitarse la gabardina, comparece ante el jurado. Contesta rapidamente a todas las preguntas; y entonces el director de la Graduada le dice:
- Dígame: Cuando el descubrimiento de América, ¿ quienes reinaban en España?
Faraón-contesta sin titubeos el futuro gendarme.
Toses, carraspeos, y unas ganas de soltar el trapo a reir en el seno del tribunal. Yo abandono rápidamente la sala para retorcerme en el vestíbulo con un ataque de risa.
Pero ahora viene lo bueno.
Lugar de acción: un bar de la Plaza Mayor frente a la Consistorial. Entra el mismo susodicho Faraón, pide una consumición, y a la xaga oto precisamente de La Franqueirán, y excelente saxofonista. Me dice:
-Este xa quedou eliminado.-señalando al otro.
-¿Por qué?.- inquiero, haciéndome el despistado.
-Porque le preguntaron quien reinaba en España cuando el descubrimiento de América y contestó que Faraón.
-E logo. ¿Quenes eran?
-Home... Os reyes Católicos.
-Muy bien-contesto-. ¿Y cómo se llamaban?
- Eso sábeo calquera: Melchor, Gaspar e Baltasr.
No hay absolutamente nada de exageración en lo que acabo de escribir, ya que menciono los individuos y además son muchos los testigos que han presenciado la escena."

Ó final cubríronse as cinco prazas e penso que non ven a conto citar os seus nomes, que tamén veñen na mesma páxina.
Pero o gracioso do caso é a aparición días despois no mesmo xornal dunha carta firmada por tres veciñas da vila, na que expoñen os seus temores a que despois de tanto tempo sen autoridade nas rúas, os novos gardas sexan estrictos no cumplimento do seu labor, polo que piden tolerancia, e un tempo de adaptación sen sancións. Cousa que o Sr. Novas-Casas lles promete despois dunha conversa có Alcalde.




miércoles, 16 de diciembre de 2009

Hoxe nevou na vila

Recoñezo que estaba á espera de que caera unha boa nevarada para poñervos algunha destas fotos invernais tan bonitas.

Polo que me contan hoxe pola mañán Ribadavia despertouse baixo unha manto de cor branco, que a medida que foi avanzando o día, e as folerpas mudaron en pingas de choiva, foi desaparecendo. Xa sabedes o refrán "nunca neva a gusto de todos".

Non sei de cando é esta foto, pero podería ser dunha desas famosas nevadas que houbo a principios dos anos sesenta, e das que xa vós puxen algunha outra imaxen.

Nesta foto se nos mostra ese chalet no que vivía José Antonio Hermida, e que estaba ó lado do desaparecido "Ultramarinos Adolfo" que daquela non tiña construído o seu edificio .

Aínda que non sae o edificio do Banco Pastor, que acaería a esquerda, penso que xa existía. Me lembro ben dese valado feito cunha tea metálica que o pechaba, impedindo o acceso a traseira da edificación, e que remataba nun pequeno sendeiro que ascendía por entre as viñas cara a Franqueirán.

Esta foto así, có chalet nevado, máis parece unha postal dos Alpes que de Ribadavia.

martes, 15 de diciembre de 2009

Cousas de médicos

O xornal compostelano "Diario de Galicia" do día 23 de Decembro de 1913 falanos de que o inspector de Sanidade veu a Ribadavia, e confirmou unha epidemia de tifus na vila. Aínda que pensa que a enfermidade está moi circunscrita e controlada.

As causantes da epidemia foron dúas fontes contaminadas, que xa se clausuraron. E aínda que só se rexistrou una defunción e hai seis enfemos leves. Parece ser que se enviaron á vila vacinas e mediciñas para poder rematar coa infección.

O que non sei, e o xornal non o dí, é cales eran as fontes que estaban contaminadas na vila, pero aproveito para poñer esta foto da Fonte da Plata do ano 1966, que como podedes ver estaba en obras.

E tanto falar do tifus e da medicina, e mirade por onde, o que atopei na revista "Iberia Médica". No seu número do 30 de Maio de 1858 aparece publicada a convocatoria dunha plaza de Médico- Cirurxán para a vila de Ribadavia. No anuncio ponse en coñecemento dos aspirantes que opten á praza cales serán os deberes do seu cargo, e entre eles podemos citar:
Atender sen cobrar ós enfermos das parroquias de Franqueirán, Francelos e Maquiáns. Non poderá cobrar nin en cartos nin en especie. Fixar a residencia na vila, e atender ós presos, así coma ós enfermos do "Hospital Nuestra Señora de los Angeles". A remuneración sería de 4500 reales anuales, pagados polo Concello a trimestres vencidos . Eu non sei si eso eran moitos ou poucos cartos a mediados do S XIX, e si daba para vivir.

O mellor é que o vexades vós mesmos neste enlace, pinchando aquí.



lunes, 14 de diciembre de 2009

Floravia e D. Ramón

Aproveito o doble significado que ten para os ribadavienses o nome de Floravia para titular esta entrada. Por unha parte a moitos de nós, de pequenos éranos moi familiar este nome debido a Quico e ó seu establecimiento de droguería. Un pouco máis adiante, fumos coñecendo de onde sacara Quico ese nome. E é que D. Ramón Otero Pedrayo no ano 1952 escribira "O desengano do Prioiro". Unha obra que se desenvolve nunha vila chamada Floravia, que se identifica claramente con Ribadavia, e onde se enfrontan dous mundos, o antigo, o do viño; e o moderno, o industrial das fábricas de cadaleitos.
Hoxe vós poño unha carta manuscrita que lle envía D. Ramón a Quico Bouzas no Nadal do ano 1962, e na que se amosa a súa boa relación e o aprecio mútuo. É un pequeno luxo para este blog poder disfrutar dela, gracias a amabilidade de Mª José que coma sempre estase a portar de maravilla.
Disfrutádea xunto con estoutra foto na que aparece D. Ramón firmando no Libro de Honra da Casa Consistorial da nosa vila, con motivo dunha conferencia que veu a pronunciar ó "Club Artístico". Aparece acompañado polo alcalde Jaime Dávila, por José Luís García Casasnovas, e penso que por Francisco Ogando.
Non sei en que ano se fixo esta foto, pode que fose a finais dos sesenta, pero xa vós adianto que teño algunha máis desta conferencia, e que en breve os irei poñendo.




domingo, 13 de diciembre de 2009

Roberto Villar e a pesca

Xa puxen outra foto de Roberto e das súas pescatas no blog, enviada aquela polo noso amigo Rafa dende "Ourense no tempo", xa que é alí, en Ourense, é onde reside este ribadaviense tan bó pescador. Pero hoxe vou a tratar de darlle unha alegría con esta foto que ten unha procedencia distinta. Ó mellor xa a coñece ou incluso a ten.

A foto está sacada na rúa Progreso, calcúlolle que á altura do Kopa Club, e mirade a espectación que levanta coas súas capturas.

El está no centro cunha pucha branca e botas, recen chegado do río, rodeado por dúas belezas da vila, que sosteñen a pesca, e se mostran encantadas de posar para o fotógrafo. Penso que Chon é a da esquerda, e a filla de Orosa a da dereita. Dos demais non vós podo dicir os nomes porque non os sei, a pesares de teren caras moi coñecidas.

A foto e posible que se fixera a finais da década do 1950, e como podedes ver polo selo que ten debaixo a fixo Foto Chao.



sábado, 12 de diciembre de 2009

Fidel e Jaime Dávila

Moitas veces falamos aquí destes dous irmáns, o da esquerda é Jaime, avogado na nosa vila e varias veces alcalde, e o da dereita é Fidel, que como xa vós contei foi un dos grandes impulsores da música na vila, sempre ensinando e formando a músicos que dispois nutrirían orquestas, e aquelas formacións de "pulso e púa" que na actualidade desapareceron, e que xa non se ven por ningún sitio. Supoño que a música e a forma de aprendela por parte dos xóvenes vai por outros camiños.
Non sei en que ano se fixo a foto, pero poderiamola situar na década dos trinta, xa que Jaime non creo que pasase aquí dos tres ou catro anos.
Esta preciosidade de foto é propiedade de Carmela Dávila, filla de Fidel e sobriña de Jaime. Grazas Carmela.



viernes, 11 de diciembre de 2009

Catequeses Antoniana

Outra fotografía multitudinaria, na que algúns se recoñecerán, e na que tamén poderedes recoñecer a moitos veciños.
Segundo o informe do Museo foi nos anos corenta, pero perdoade que o poña en dúbida, xa que sei por outras fotos a data de nacemento dalgunha das señoritas que aparecen na foto . Non vós preocupedes que non as penso dicir, que un aínda sebe gardar un segredo, pero en base a iso, eu diría máis ben que que é da década de 1950.
Podemos ver a Celsina Sánchez, Marisa Chao, Marujita Casas, Olga Escudero, Adela Peña e Olga Amil, que supoño que farían de catequistas.
De entre os nenos, eu xa me perdo, pero seguro que vós atoparedes caras moi familiares.
A foto como podedes ver esta sacada nas escaleiras de San Francisco, con motivo da celebración dunha Catequeses Antoniana.




jueves, 10 de diciembre de 2009

O Morito

Penso que se chamaba Inocencio( como podedes ver subsanei o meu erro, grazas), pero todos lle chamaban Morito, e eu xa non me lembro moi ben del, non sei de onde saíu, nin cando e como chegou a Ribadavia. Polo que sei andivo moito tempo pola nosa vila, vivía na Oliveira, e alí foi onde o atoparon morto. O ano da súa mortetampouco vola podo dicir xa que non o sei.
Esta foto é propiedade de Francisco Bouzas, que me conta que o Morito andaba moito polo Evencio. Si vedes un dos libros do Museo, nunha das fotos aparece alí, limpandose as botas. Pois Quico, o pai de Francisco, tiña daquela a droguería xusto ó lado dese bar, e como levaba a corresponsalía do xornal "La Región" de Ourense na vila, ás veces sacaba a súa Olivetti á terraza, e alí, derriba dunha das mesas escribía as crónicas. Debeu de ser nun deses momentos, no que a mesa quedou baleira e coa máquina derriba, cando O Morito púxose a escribir, e como podedes apreciar, con moito estilo. Fixádevos que ata escribía, ou facía que escribía, como me di Francisco, có xaruto nas mans. Todo un profesional.


miércoles, 9 de diciembre de 2009

Outra mirada sobre Ribadavia

Estes días na Coruña estase a exibir "Ruth Matilda Anderson. Una mirada de antano"na sé da Fundación Caixa Galicia, onde se amosa unha parte das fotografías que esta americana fixo en Galicia nos anos vinte.
Esta historia comenza cando o millonario americano Archer Milton Huntington despois de facer unha viaxe polas nosas terras funda a Hispanic Society of America en 1904. Anos despois lle encarga á fotógrafa Ruth Matilda Anderson facer unha reportaxe gráfica sobre Galicia.
Ruth desembarca en Vigo en Agosto do 1924 acompañada do seu pai e unha chea de equipaxe, e ponse mans á obra, afastandose das cidades e tratando de retratar a Galicia máis profunda. Volta a New York un ano despois, en Agosto do 25 e leva consigo unhas 5000 fotografías feitas por ela e unhas 2800 compradas ós fotógrafos locais.
En Decembro dese mesmo ano acompañada da Sta. Francis Spalding volta a Galicia, e sobre un vello Ford reformado para poder levar tódolos seus equipos, percorren as nosas terras ata que retornan en Maio do 1926 a América con otras 2800 fotos.
Froito destas viaxes publícase no ano 1939 un libro que leva por título "Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña" no que se amosan unhas 700 imaxes de Galicia.
É sorprendente a minuciosidade que acompaña ó seu traballo, xa que aparte de facer ela mesma os revelados das películas, vai anotando tódolos detalles, tanto técnicos coma do que aparece nas fotos, e incluso o seu pai leva un diario desa primeira viaxe, no que acompañou á súa filla en calidade de axudante, xa que tamén era fotógrafo.
Hoxe poño esta foto da Porta Nova, é de principios de Xullo do ano 1925, é dicir da primeira viaxe, e quizás aporta unha nova mirada, un novo punto de vista, que ata agora no foran capaces de mostrar as outras fotografías da vila neses anos.
Dádelle as grazas a Óscar polo seu traballo e que a disfrutedes.



martes, 8 de diciembre de 2009

O solar do Sanatorio

Cando recibín esta imaxe, recoñezo que estaba totalmente perdido, incluso dubidaba que fose da nosa vila, pero despois de darlle varias voltas, e facer algunha que outra consulta, desvelouse o misterio.
Efectivamente trátase dese solar que había fronte o Cine Río, facendo esquina coa Alameda, e por suposto a foto debe de ser anterior a 1960, xa que me parece que cara a ese ano debeu comenzar a construcción dese edificio, no que posteriormente, na primeira planta se instalaría o "Sanatorio Nuestra Señora del Portal", no que moitos ribadavienses fumos sempre moi ben atendidos por eses grandes profesionais como eran D. Enrique Pumar, D. Manuel Gómez, e D. Antonio Padrón sen esquecer á enfermeira que coido que se chamaba Mª Rosa e da cal non lembro os seus apelidos.
Se mirades atentamente a foto, veredes que neste solar se acumulan materiais de construcción, e incluso á esquerda hai como uns moldes de encofrados para facer columnas, polo que supoño que se estarían iniciándo as obras de edificación.




lunes, 7 de diciembre de 2009

Remando na Barca

Naquela época na que non había tantos entretenementos como hai agora, unha forma de matar as tardes estivais eran os paseos, que moitas veces ían rematar ó Porto da Barca. Non vós imaxinades a cantidade de fotos que hai dos anos corenta e cincuenta dese lugar, o que significa que era un dos máis concurridos para o esparcemento dos nosos veciños.
Alí era onde os barqueiros alugaban a quen quixera algunha das súas lanchas para que a xente, nesas tardes mainas do verán se refrescase un pouco á beira do río, e dera un pequeno paseo vogando polas mansas augas do Miño.
Como ocorre moitas veces non sei en que ano está sacada a foto, e tampouco sei quen son os compoñentes desta tripulación tan elegante e que posa así de simpática. A ver se vós me podedes dicir algo.



domingo, 6 de diciembre de 2009

Gaseosas "El Mexicano"

Todos coñecimos esta camioneta de cor vermello que circulaba pola vila repartindo gaseosas e sifóns, e tamén a Julio e a Celeste (penso que se chamaba así a súa muller) que eran os propietarios da fábrica de gaseosas "El Mexicano". A fábrica, da que vós poño unha imaxe do seu interior, estaba situada nos baixos da Alameda, dentro desas arcadas, o igual que o despacho dos "Rusos", e como podedes ver sempre tiña ocupando a porta e parte da beirarúa unha chea de caixas baleiras, ó primeiro eran de madeira, e logo se foron substituíndo por esas metálicas que podedes ver na foto. Tamén lembro velo a el, ó Mexicano, equipado cunha especie de mandilón de lona e botas de goma manipulando as bombonas do gas necesarias para a elaboración das bebidas.

Non sei en que ano se sacaron estas fotos, pero si que lembro que o negocio cando el o deixou colleuno Justo, "O Xouva", que era de Ventosela, e que tiña un fillo que xogaba moi ben ó fútbol, esto debeu de suceder moi a finais dos anos 70. O que no sei é que foi desa maravillosa camioneta de cor vermella.




sábado, 5 de diciembre de 2009

Unha postal da Barca

O outro día puxen a foto da barcaza da Barca, e hoxe mirade por onde, poño esta postal que supoño que é unha das da colección da que xa falei bastante, a editada por D. Hermenegildo Rodríguez Casas na década do 1910.
Como podedes ver e a nº 20 e penso que é última desta serie, e aquí tamén aparece a famosa barcaza que transportaba ás bestas e ás carruaxes dun lado ó outro da beira do Miño.
Desta barca xa fala o Catastro do Marqués da Ensenada, feito o día 3 de Novembro do ano 1752 na nosa vila:
" Hai unha barca que navega sobre o río Miño no Porto que chaman da Barca de Ribadavia, pola que transitan cabalos máis carruaxes e persoas. É propiedade do Mosteiro de Melón que a ten arrendada a Manuel Alonso e a Bernardo Martínez".
Como podedes ver, este paso fluvial ven xa de moito tempo atrás, pero hoxe en día hai outra cousa que me preocupa, e que agora xa non teño tan clara, e non é outra que:¿cantas coleccións de postais había? Unha delas esá rotulada en cor azul, como é o caso deste exemplo ou dalgún máis que xa puxen, pero resulta que hai outras que teñen a tipografía en cor vermello, polo que estou un pouco perdido. Aínda que este é outro tema, e diso falaremos outro día.





viernes, 4 de diciembre de 2009

Documentos do encoro de Castrelo I

Como non teño moitas fotos da construcción do encoro de Castrelo, aproveito esta, do paso de maquinaria polo centro da vila por causa destas obras, para falar dos documentos que fai uns días vós prometín.

Hoxe poño o primeiro informe, trátase dun estudio socio-económico de oposición elevado ós poderes públicos polos campesiños afectados, que segundo se pode apreciar no propio documento se presenta con posterioridade ó mes de Septembro do ano 1945.

Este documento é unha copia que estaba en poder do meu pai, e consta como anexo Nº 1, nun libro que escribiu sobre O Ribeiro e que nunca chegou a publicarse. Segundo as súas notas, xa que desgraciadamente nunca falei moito con el destas cousas mentres vivía, debeu de ser o primeiro escrito presentado ante as autoridades pola xente afectada.

Non é moi extenso e penso que se pode ler con certa facilidade. Para consultalo ou descargalo, só tedes que pinchar aquí neste enlace.



jueves, 3 de diciembre de 2009

¿É un aperitivo ou unha merenda?

O título que lle pusen a esta multitudinaria foto é porque non sei a ciencia certa a conto de qué se fixo esta xuntanza. Moita pitanza derriba das mesas non hai, de noite non é, polo que só pode ser un aperitivo ou unha merenda.
A min ma mandaron dicindo que podería estar feita nunhas Feiras do Viño, e pode ser, si. Pero si a observades con calma veredes que o rapaz que está agachado no centro e en primeiro plano sostén, e mostra á cámara, un bandeirín có escudo de Ribadavia, polo que penso que ten que ver moito có fútbol.
Facer unha lista da cantidade de rapaces que saen na foto, sería encher esta entrada de letras e letras, polo que penso que o mellor será que a disfrutedes, e que cada un si se anima, vaia deixando os seus comentarios enbaixo.
E como moitos dos que están na foto son coñecidos vosos e de seguro que vós cruzades con eles, facédeme o favor de preguntarlles o motivo desta reunión, o sitio e a fecha.
¡E xa me esquencía! ¿Si foi un aperitivo, unha merenda ou metín eu a pata ata o fondo?





miércoles, 2 de diciembre de 2009

D. Pedro, Dna. Ana e os cabezudos

Aquí están uns dos protagonistas das festas da nosa vila, os xigantes e os cabezudos, fotografiados nunha das súas habituais paradas na rúa do Progreso.
Lembro que cando eu era moi cativo tíñalles un medo atroz, non me acercaba a eles nin de broma, e a medida que fun medrando o medo transformouse en respecto e distancia ós cabezudos, que ían armados con paus e bimbios, e se te pillaban arreábanche no cu.
Pasados os anos todo isto desapareceu, e varias veces fun de cabezudo nas comitivas. Lembro as pelexas entre nós, entre os nenos, nos baixos do Xulgado para escoller o cabezudo, vestirse e saír á Praza Maior á carreira, como en estampida, pau en ristre, tratando de meterlle medo a tódolos rapaces que atopásemos.
Despois os municipais puñan orden, e o " Enterrador", e o Simón "O Barrendeiro" metíanse en candanseu xigante, respiraban fondo, o elevaban , e veña para adiante, a bailar ata a seguinte paradiña. Nas paradiñas como é o caso desta foto, os Gaiteiros de Berán, que eran os que nos acompañaban daquela, deixaban de tocar, e xunto cós portadores dos xigantes descansaban nalgún bar cercano cunha taza de viño, despois de refrescarse e coller folgos, os gaiteiros voltaban a tocar, e outra vez para adiante, a seguir có pasarúas .
Esta foto non sei en que ano estará feita, pero penso que temos a alguén que nola podería datar. Eu non sei si ese rapaz que aparece en primeiro termo, á esquerda, con camisa branca e pantalón curto é Segundo Deaño, máis coñecido por "O Xaguai" ou por " O Chacoto", ou algún dos seus fillos. Eu teño as miñas reservas, aínda que me inclinaría máis por que fose o pai.
Seguro que alguén aclarará o asunto.



martes, 1 de diciembre de 2009

Un posado

Outra foto que me envía Carmela Dávila, e como eu sempre me fago un pequeno lío con eso dos nomes, teredes que perdoarme se meto a pata.
Penso que a foto está sacada na rúa de San Martín, xusto debaixo do cruce, e nela podemos ver a un dos Pinal, penso que á nai de Loli Torrado, a Rita Pousa que é a nai de Mimiá, e pode ser que a Milagos Tesouro.
Os outros dous, a muller de vestido branco, e o home da dereita non sei quen son, e tampouco me atrevo a datar a foto, pero atopei unha pequena reseña de sociedade no xornal "La Región" do día 12 de Abril do ano 1950 que ten moito que ver cunha das protagonistas desta foto. Como fago sempre, copio a reseña a continuación:
"PETICIÓN DE MANO: Por el funcionario del Banco Pastor de La Estrada D. Manuel Torrado Otero, acompañado de su hija Marina,y para su hijo y hermano respectivamente, el funcionario de la misma entidad en esta plaza D. Antonio, ha sido pedida en matrimonio a sus padres, el Depositario de fondos del Ayuntamiento y destacado industrial D. Antonio Freijido la mano de su bellísima hija Emilia.
Entre los novios se cruzaron los regalos de rigor, celebrándose a continuación el el domicilio de los señores de Freijido-Pousa una agradable fiesta, haciendo los honores de la casa con la distinción que la caracteriza Dña. Emilia Pousa, madre de la futura desposada.
Nuestra cordial enhorabuena a los novios, extensiva a sus familiares, deseándole para el futuro todo género de venturas".


lunes, 30 de noviembre de 2009

Morito Pititón

Aquí están as integrantes do Teatro Morito Pititón. Seguro que vós preguntades ¿e iso que é?, pois unha obra de teatro que puxeron en escea estas rapaciñas que vedes aí.
Foi alá polos anos 1941 ou 1942, e a representación fixérona na escola das monxas Franciscanas. A foto por suposto está sacada alí, no adro de San Domingos.
Seica cantaban algo así como: " Morito Pititón, de nombre Pirulí, revuelto con la sal, la sal y el pirulí".
Xa pasaron anos dende aquelo e moitas destas rapaciñas aínda a recordan.¡O que son as cousas!, eran outros tempos, os da fame, e non había outras diversións.
As artistas son, de pé e de esquerda á dereita: Meli Quijada, Milagros Chao, Charito Davila, a filla dun garda civil que vivía na vila, e da que no sei o nome, Beti Sánchez, Olga Escudero, Luz María Davila que era a filla do "Bernardo", Clara Menacho, e Carmen Rosa, a filla do "Rosendo".
Sentadas, e tamén de esquerda á dereita: María Teresa que era filla do Kiuvo, unha Chao da que tampouco sei o nome, e María Teresa Meruéndano.
Coma sempre pido disculpas xa que eu non son capaz de identificar a todas, e as veces pode que os apelidos estén confundidos, pero seguro que os vosos comentarios seran moito máis acertados.



domingo, 29 de noviembre de 2009

No Instituto

Esta entrada é un pouco excepcional, xa que moitos dos que seguides Maquiáns estudiastes no Instituto de Ribadavia. Xa pasaron moitos anos daquela, e eu, tódalas fotos que se conservaban na miña casa relacionadas con el, paseillas a D. Secundino, o noso profesor de Matemáticas naqueles anos, que ten unha maravillosa páxina sobre a historia do centro, e onde poderedes atopar un chea de fotos daqueles anos. Podedes acceder a ela pinchando aquí.

Como vós dicía xa non tiña fotos do Instituto, pero de repente o outro día me enviaron esta por e-mail, e non puiden resistir a tentación de poñela no blog. Secundino disculpa por esta intromisión, pero é que a foto é unha ledicia.
Deixovola en grande para que a podades explorar con calma. Debemos de estar aí todos os "mocosos" do Ribeiro que daquela, no ano 1972 ou 73, tiñamos once ou máis anos.
Eu así a bote pronto vexo dende a Collarte de San Andrés, a Celso, a Enrique, e a César na primeira fila, ata o Madarnás de Cartelle, de pé ó fondo de todo, xusto na porta, pasando por polo Aguín, os Caracas, o Fon, o Alemán, o Blas, o Belisario etc.
Non vós aburro cós nomes e o mellor será que a vexades con calma.


sábado, 28 de noviembre de 2009

A rúa do Progreso

Me envía esta foto Benito Amil, e me conta que algunha das persoas que aparecen nesta foto son da familia dos Ballesteros. pero o que non me deixa moi claro é quen son en concreto.
Como saberedes esta imaxen é a mesma que unha das 20 que forman parte da colección de postais editadas a principios da década do 1910 por Hermenegildo R. Casas. Como este dato xa vós dixen que o saquei dun libro, supoño que Hermenegildo, será Rodríguez Casas, a quen na vila chamaron sempre o "Achigildo", por aquelo de facilitar a pronunciación. El foi o propietario da imprenta "El Ribadaviense", e uns anos despois sería o director do semanario do mesmo nome. As postais están impresas en Barcelona pola Fototipia Thomas, que era daquela unha das empresas especializada en facer este tipo de postais en España, xa que penso que sería inviable facelas na vila con esa calidade.
Eu aínda que tentei buscar información sobre D. Hermenegildo non atopei nada, polo que si algún de vós ten algunha información, agradeceríalle que se puxese en contacto conmigo. Sería interesante facer unha entrada adicada a este impresor e xornalista ribadaviense.
Outra cousa que noto e que esta imaxen debe de ser unha copia sacada do negativo có que se fixo a postal da colección, xa que é moito máis nítida, non está recortada, e non está feita en tonos azuis, ademais de non ter ningún texto escrito. Poño tamén a postal, e así as podedes comparar.
Moitas grazas Benito pola túa colaboración, e se nos queres aclarar algo máis, podes deixarnos algún comentario aquí abaixo, non vai a ser que eu esté metendo a pata.

viernes, 27 de noviembre de 2009

O edificio da Praza de Abastos

Estas dúas fotos pertencen ó libro "Avance de la provincia de Orense 1923-1929", e ó igual co plano do Grupo Escolar que puxen fai un tempo, mas envía Rafa Salgado.
Eu non teño agora mesmo ningunha constancia documental de cando se fixo este edificio, pero non sei porque me soa que se inaugurou no 1929. O que si teño algún recorte xornalístico que fala da construcción da nova rúa que vai enlazar a Praza de San Xoán e a rúa do Progreso. Se vós fixades no plano da vista lateral, vese como ten escrito " a la nueva calle".
Unha pequena nota nun xornal do mes de Setembro do ano 1927 fala de que xa comenzaron as obras de derribo das casas afectadas, e que en breve estará rematada esa rúa, que se debe á entusiasta iniciativa do Alcalde D. Jesús Pousa. A nova vía será adoquinada e con amplas beirarúas. Supoño que a construcción deste edificio polo tanto andará por eses anos 1927-1929.
Estou tratando de facer memoria para ver as principais diferencias que hai entre este proxecto e o edificio na actualidade, pero penso que antes de meter a pata, e falar de memoria, o mellor será que cada un saque as súas propias conclusións, aínda que a min eso da fonte nun lateral soame moito, o que xa non me resulta tan familiar son as escaleiras laterais, e a altura do edificio.
Seguro que alguén que o teña máis cerca poderá botar un pouco de luz sobre este asunto.
Tamén aproveito esta entrada para colar un pequeno detalle de sociedade adicado á nosa amiga Matilde. Nesa mesma páxina aparece outra pequena nota, que paso a transcribir a continuación:
"Natalicio: Ha dado a luz con toda felicidad un robusto niño la distinguida señora Dña. Ramona Campos, esposa de nuestro buen amigo D. Luís Chao Rodríguez".





jueves, 26 de noviembre de 2009

Tarde no río II

Onte a eso das oito da noite abro o meu correo e atopo estoutra foto que me envía Óscar Escudero, xusto cando a entrada de onte estaba xa no aire. Por iso hoxe poño o mesmo título pero engadíndolle o número II, xa que é complementaria da anterior, ou polo menos iso pensamos Óscar e máis eu.
Agora teredes máis facilidade para recoñecer ás persoas que saían na foto anterior a contraluz, aínda que neste grupo aparece máis xente, concretamente, e vós aforro o choio de contar, dezasete. Son dous máis e a maiores con música. Vemos dúas guitarras e unha bandurria.
Óscar me dí que a terceira pola esquerda podería ser a súa tía Concha, e eu penso que coñezo a tres persoas máis: a que ten a bandurria na man podería ser Julita Escudero, o home que está sentado no medio cunha guitarra é Antonio Álvarez , que tiña un almacén de piensos na rúa de San Martiño, enfrente e un pouco máis abaixo do Amil, e ó que se lle daba moi ben o fútbol, e o da dereita de todo, en camisa e con tirantes e Fidel Dávila.
Penso que con esta imaxen xa podemos concretar un pouco a zona onde se sacou a foto. Eu non sei que pensaredes vós, pero a min me parece que está sacada nos Caneiros, tal como dí Mimiá nun comentario onte "un paraiso perdido". Ó que non me atrevo e a poñerlle unha data, a ver si algún de vós o fai.


.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Tarde no río

Outra maravilla.¡Que imaxe!. Un pandilla de xóvenes da vila pasando a tarde no río.
Pero eu lanzo unha pregunta : ¿En que parte do río? Eu non quero aventurar ningunha opinión, eso queda nas vosas mans. O que si hai que facer notar é o baixiño que vai o río, en plena estiaxe.
A foto é propiedade de Óscar Escudero, polo que supoño que nela estará o seu pai ou polo menos algún dos seus parentes que eu non alcanzo a ver.
Eu só recoñezo a Olga Amil, a muller de Pepe Casas, que está sentada en primeiro plano cós pés e cunha man dentro da auga, a Carmucha Amil e a Olga escudero, a muller de Filiberto, xuntas como en segundo plano e a medio agachar. De homes a Eulogio Mato e a Manolito García, que son os que están en segundo plano agachados.
Do resto, espero a ver os vosos comentarios, aínda que hai algúns que saen a contraluz e vai ser moi difícil recoñecelos.
A foto en si é preciosa, a min gústame moito. A tonalidade sepia, os vestidos das mulleres, e a frescura da imaxen parece que nos trasladan a un tempo aínda máis antigo. Eu non sei en que ano estará feita, pero calculo que non me equivoco moito se a situamos na década dos 50.



martes, 24 de noviembre de 2009

O accidente do camión en San Francisco

Lémbrome ben deste asunto, polo cal imaxino que debeu de producirse este accidente ó redor dos anos 7o. A voz correu pola vila coma a pólvora " Un camión quedou colgando na ponte de San Francisco, e o chofer vai saltar ó rio".
Tódolos rapaces da vila deixamos o que estabamos a facer e emprendimos a carreira inmediatamente, e nuns minutos xa estabamos alí tratando de non perder detalle.
O que nós contaran de que o camioneiro se tirara ó río penso eu que fora un trola (xa non me lembro ben) , debeu de baixar pola outra porta e andaba por alí tratando de organizar o salvamento do vehículo.
Xa pasou moito tempo dende aquelo, e tampouco podo precisar a que hora se produciu o accidente, o que non lembro presenciar foron as labores de rescate das grúas, polo que sospeito que foi en horas nas que toda a rapazallada da vila estaba en clase.



lunes, 23 de noviembre de 2009

A Oliveira derrubada

Mándame esta foto Francisco Bouzas, có comentario seguinte"Penso que é a igrexa da Oliveira, pero non sabía que caira". Eu tampouco, e ata fai ben pouco non sabía nada disto. A verdade é que ó non residir na vila, faise moi difícil eso de investigar certas cousas.
Andivemos varios días tolos con esta foto, sen que ninguén nos aportara algunha noticia, ata que decidín chamar a nosa amiga Lolín Lira Pousa.
O primeiro era saber si esa igrexa que sae na foto é ou non é a nosa Santa María da Oliveira. Se así fose, a segunda cuestión sería ¿Cando se derrubou? e ¿Cando se reconstruíu?, para así poder datar a foto.
A min dábame a espiña que si, que era a Oliveira. Comparei o cruceiro que ten diante, con fotos actuais e coincide, ó igual que unhas pedras que sobresaían da fachada a media altura. Na foto a pesares da desfeita, aínda se pode apreciar con claridade á esquerda unha desas pedras.
E como non ía ser doutra maneira, a resposta de Lolín non se fixo esperar. Efectivamente é a igrexa de Santa María da Oliveira, e moi pouca xente sabe que se derrubou no ano 1964 a consecuencia dun temporal, que como podedes ver na foto desfixo a fachada, o campanario, o tellado e parte dun muro lateral.
Parece ser que as obras de reconstrucción comenzaron de inmediato para darlle o aspecto que ten agora, na actualidade.
Aproveito a ocasión e poño tamén unha foto de como era a igrexa antes da restauración. Publicouse no blog " Ribadavia y su gente", e si vós fixades ben, a Oliveira estaba en moi malas condicións. Nesta foto apréciase unha gran fenda na parte superior esquerda da fachada, e a carga dos arcos do campanario facía que os pilares deste se inclinasen cara a fóra a causa da presión.
De tódolos xeitos deberiamos de estar orgullosos de tela hoxe enteiriña e ben restaurada, que como xa sabedes " cousas peores temos visto".


domingo, 22 de noviembre de 2009

Fidel na piscina

Preciosa imaxen de Fidel Dávila coas súas fillas Rita e Carmela, que é quen me envía a foto, na desaparecida piscina do Castelo. O bonito desta foto é a contraposición dunha escea tipicamente estival e familiar, nun entorno privilexiado, có Castelo, a capela do Portal e a igrexa de San Domingos ó fondo, e a aparente calma tensa que ten esta piscina no momento da foto.
Ese día , que debeu de ser sobre os anos 1964 ou 65 era un deses días de cheo total, e senón fixádevos no fondo . Moitos rapaces (dito nos dous sentidos da palabra) á espera dalgún incauto que se aventurase a pasar por abaixo para arrearlle un bombazo. Se non me credes, mirade o chan. Totalmente mollado, non hai nin unha baldosa seca, e auga parece que ferve.
Lembrome dos días así. Era moi complicado estar tranquilo. Eu non vou dicir aquí que eu fose un santo, que tamén as fixen boas na piscina, pero é que estes días non había descanso, como te acercases á parte do fondo caíanche tres ou catro bombazos como mínimo, e aínda que non te rozaran, sempre podía vir alguén por abaixo e tirar de ti cara o fondo. Rara era a vez que non tragabas auga.
En serio, daquela, na piscina os rapaces desenvolviamos un sexto sentido na auga, xa que os peixes grandes se comían sempre ós pequenos.




sábado, 21 de noviembre de 2009

A lamprea de Quico

Xa fai bastante tempo que Mª José Bouzas me enviou esta foto, xunto a outra que publiquei o día 7 de Abril, e que podedes atopar na etiqueta de Deportes, na parte dereita do blog.
Na outra foto, aparecía Quico saíndo do Avia cunha lamprea pinchada nun garfo, pero a foto estaba feita dende lonxe, e ó mellor moita xente non a vía con claridade, polo que hoxe vós poño esta, na que se aprecia moi ben que o trofeo que exhibe é unha verdadeira lamprea.
Como dicía un amigo meu, aparte da sorte, que sempre inflúe, para facer esto hai que saber. Primeiro hai que coñecer o río, e segundo hai que poñer ollos de peixe. Onde todos ven unha rabaza, Quico viu unha lamprea.
E conto todo isto por experiencia propia, algunha vez, xa fai moito tempo, acompañei a un gran pescador da vila ás anguilas con tenedor. Eu ía ó seu lado , e nunca collín ningunha, mentres que el se fartaba. Así é a vida, o que sabe. Sabe.
O que non sei é se agora como o prohiben todo, se pode pescar con tenedor.



viernes, 20 de noviembre de 2009

Veciños da Praza

Nesta foto aparecen José Gonzalez Reyes, José Mª Gómez Carballido, e Antonio Chao.
Pero vaiamos por partes. De José González Reyes, máis coñecido como Pepe " O de Correos", teño moi bós recordos, xa que os meus avós paternos viviron durante moitos anos nos Escobetes, xusto ó lado de onde vivía Pepe e a súa familia. Lembro con moito agarimo á súa muller Sagrario, e a algúns dos seus moitos fillos: as xemelgas, Juanín, José, etc. Aparte de traballar na oficina de Correos, de ahí ó seu alcume, foi profesor no Instituto de Ribadavia nos anos 60.
Tamén foi profesor no mesmo centro e nesa época José María Gómez Carballido , era veterinario, e se a memoria non me engana, estaba casado cunha profesora de debuxo que nos deu clase no Instituto, alá polos principios dos anos 70. Lembro que vivían na rúa Merelles Caula, xusto derriba da tenda da "Chucarela", e que tiña dous fillos.
Como a miña zona de acción nos meus primeiros anos xiraba en torno ós Escobetes, Praza Maior e Rúa de Fornos, tamén coñecín a Antonio Chao, que vivía na Praza. Foi un dos grandes empresarios da vila, home moi educado, e que traballou arreo no Padroado do Ensino da vila, creado nos anos cincoenta, para que Ribadavia poidera disfrutar dun centro de ensino medio en condicións, xa que unha das súas meirandes preocupacións, e delo téñovos constancia, era que tódolos rapaces do Ribeiro tiveran acceso á unha boa formación.
Sabedes que unha da súas fillas ten tres blogs maravillosos sobre Ribadavia : "Ribadavia en el cajón de los recuerdos", "La fábrica de los Chao y sus gentes " y "Ribadavia y su gente". Na sección de "Volvo e recomendo" a parte dereita deste blog tedes os enlaces ás súas páxinas.



jueves, 19 de noviembre de 2009

Futbol, o equipo contrincante

O outro día vós prometín a foto do outro equipo, que penso eu que sería este, xa que as fotos teñen a mesma procedencia. Como dixen, debeu de ser un partido entre afeccionados no campo do Instituto.
Nesta foto recoñezo a Benito Amil e a Serafín Escudero, que non están vestidos de curto, e que aparecen á esquerda da imaxen de pé, supoño eu, que farían as funcións de managers, ou aadestradores.
Entre os que están agachados recoñezo ó Lamas, a José Escudero, a Tirso Sánchez e ó "Torejas".
Permítideme tamén que dende aquí teña unhas palabras de afecto para o "Torejas", que xa non está con nós, e que foi o meu adestrador de baloncesto no equipo da vila durante algunhas tempadas. Derrochou connosco tremendas doses de entrega, comprensión e cariño. ¡O que disfrutaría vendo hoxe os partidos da Selección, ou da NBA!. Un pequeno gran home, que deixou en moitos de nós unha fonda pegada.


miércoles, 18 de noviembre de 2009

Na sala de festas do Cine Río

Dame a sensación que esta foto sacouse o día 23 de Xullo do ano 1959 no Cine Río, no xantar que se lle fixo coma homenaxe de despedida ó xuíz D.Juan Francisco Troncoso Facorro, e digo que teño esa sensación porque esta foto está feita alí, na sala de festas que había embaixo, e aparece este señor rodeado de algúns amigos. Tamén veredes, que ó fondo á esquerda da foto, entre as columnas, hai mesas preparadas para un xantar.
Non sei si lembrades como era a antiga sala de festas, pero aí nesas portas con anuncios de Kas, había unha especie de patio de luces que lindaba cun solar que tiña unha nogueira ó lado do bar Odilo .
O da data é porque teño unha foto distinta a esta, que por detrás ten escrito esa data e esa comida de homenaxe.
Coma sempre pido disculpas por cometer erros nas identificacións, pero para eso estades vós, e os vosos comentarios, que nós axudarán a facelo correctamente.
Eu só coñezo de esquerda a dereita: Un que era "Dos de Quins", Chucho, Facorro, Gregorio García "Chicho", Manuel Lorenzo e Ignacio Mato. Falta algún, pero eu que non sei quen é.




martes, 17 de noviembre de 2009

Construcción do encoro de Castrelo

Nesta foto do Museo feita por Foto Chao podemos ver as obras da marxen dereita do encoro de Castrelo, é dicir a de Sta. Cristina. É dificil de datar, pero non creo que vai moi errado si a situamos entre os anos 1963 e 1965.
Para os que estedes moi interesados nesta construcción atopei en Internet un documento na "Revista de Obras Públicas" titulado "Presas de Velle, Castrelo e Frieira" publicado no ano 1967 por Luciano Yordi de Carricarte e Ángel Mario Carreño.
Nel atoparedes fotos, planos e datos técnicos da construcción das tres centrais. Penso que teñen bastante interés, e non son excesivamente técnicos.
Podedes lelo simplemente pinchando aquí neste enlace.
Acompaño esta foto cun plano da planta da presa de Castrelo sacada deste estudio.
Tamén vós anticipo que en breve tratarei de subir en pdf algún dos documentos socio- económicos que se elevaron ás autoridades públicas anos antes da súa construcción, tratando de evitala, así como algún informe da empresa concesionaria, e algunha cousiña máis, pero tedes que ter un pouco de paciencia.


lunes, 16 de noviembre de 2009

Futbol, futbol ,futbol

¿Quen non xogou nunca ó futbol? Pois aquí tedes a un equipo de afeccionados ribadavienses a este deporte. Para que algúns despois digan aquelo de " eu futbol, non". Supoño que esto de vestirse de corto sería co gallo dalgunha festa ou celebración.
A foto está tomada no campo do Instituto, e non teño nin idea de en que ano se fixo, aínda que lle calculo que será de finais dos sesenta.
Estaría ben que alguén me deixara a alineación completa, como si de un equipo profesional se tratase, xa que eu só alcanzo a recoñecer na fila que está de pé a Manuel Domínguez, e na ringleira inferior ó Dr. Enrique Pumar, a Celso, a un dos Neira e ó Evencio.
Mención especial merece a equipación, van todos uniformados dos pés á cabeza, aínda que á maioría deles lles queda un pouco escasa a camisola, que se nota que xa leva moitas lavadas derriba. Cousas dos tempos, fixádevos que un, ata leva cinto de coiro con fibela metálica. Hoxe en día o árbitro non o deixaría xogar.
Dentro dalgúns días poreivos a foto do equipo contrincante, para telos a todos no blog.




domingo, 15 de noviembre de 2009

Os entroidos do Dr. Kembur

Hoxe poño dúas xoias que nós envía Óscar Escudero, e aínda que non é o meu costume poñer as fotos de dous en dous, xa que hai que aforrar a munición para cando as cousa veñan mal dadas, hoxe fago unha excepción porque penso que a ocasión o merece.
Como podedes ver trátase de fotos de grupos de entroido nos que aparece o pai de Óscar, Benito Escudero. Na primeira,el está sentado á dereita cunha grande paxarela, e provisto dun maletín de médico que leva rotulado o nome do Dr. Kembur. Esta foi a primeira foto que recibín, e problema é que non sabiamos quen era ese tal doctor.
Tempo despois Óscar me envía outra foto, que non sei si será do mesmo ano, nun día distinto, e con outros disfraces, ou pertencerá a un entroido doutro ano. Eu persoalmente penso que as dúas fotos son de anos distintos, xa que na primeira se lles vé moito máis xóvenes.
As dúas teñen en común a apareción do mesmo maletín. Pero sigue habendo un problema, esta vez o maletín non sae enteiro na foto e ten máis letras polo que o doctor, en vez de Kembur podería chamarse tranquilamente Jakembur ou calqueira outra palabra que poidamos imaxinar.
Non sei, eu xa lle din moitas voltas, probei en Internet a buscar moitas combinacións e nada.
Os dous da esquerda da primeira foto me teñen unha cara moi coñecida, pero non me aventuro a dar os nomes, mentres que na segunda recoñezo no centro a un moi xoven Toñito Chao.
Deixo todo nas vosas mans, o problema do maletín, o nome dos fotografiados e a datación desta dúas imaxes.



sábado, 14 de noviembre de 2009

Excursionistas

Supoño que esta imaxen e froito dunha excursión, pero como pasa sempre, recibo as fotos sen ningún tipo de información, polo que é bastante dificil de datalas, e xa non vós digo nada de ubicalas nalgún espacio concreto.
Nesta que poño hoxe podemos ver a moita xente coñecida de Ribadavia, empezando polo Venanancio, a Celeste, a Toñita coa filla da Celeste, uha filla do Sr. Buján, o Sr. Cristino e a súa muller, Rosa "A da Casula" e a súa sobriña Pilarita, un neto do Sr. Mario "O Pirillán", e moitos máis que vós, se queredes me podedes ir dicindo, a pesares do estropeadiña que está a foto.
Despois das meteduras de pata que tiven con isto das datas, o mellor e que tratedes de botar as vosas contas, e si sabedes algo concreto mo dicides.


viernes, 13 de noviembre de 2009

Voda en 1921

Esta foto que me envía Mª José Bouzas é da voda da "Palota". Tedes que perdoar, mais eu aínda que son de Ribadavia, estou un pouco alonxado da vila , polo que estas cousas dos nomes me veñen un pouco grandes, e máis cando pasaron tantos anos.
Como podedes ver a foto ten a data escrita a pluma, sete de Abril de 1921.
Á única persoa que recoñezo é ó avó de Mª José, a Pepe " O da Botica", que está situado á esquerda do único cabaleiro de chapeu da foto. O sitio onde pode estar feita tamén é moi difícil de recoñecer.
Unha persoa que a viu a foto, díxome se o noivo poidera ser un "Requinto", e explicoume que de ser así , sería un irmán da nai de Rosarito, a muller de Celso.
O mellor vai ser que espere polos vosos comentarios, se é que ides perdendo a vergonza dunha vez, e vos animades a deixar algunha información. ¡Veña animádevos!.
Como sabedes que me fixo en todo, non podo deixar escapar esta ocasión, para facer un comentario sobre as botas tacholadas do rapaz de cabeza rapada que está sentado de segundo pola esquerda. Un parente meu unha vez contoume que nos anos da fame el tiña a sorte de posuir unha moto, e que con ela ía a Santiago, ou a Ourense, e en cada viaxe pinchaba unha ou dúas veces, polo que tiña que ir pertrechado con parches, cola, ferramenta e desmontables. É a culpa deses pinchazos botáballa ás tacholas. Non vós vou a reproducir aquí as palabras exactas que lle adicaba a estes claviños, pero sempre remataba o conto con "As estradas estaban cheas de tacholas que ía perdendo a xente".


jueves, 12 de noviembre de 2009

A barcaza da Barca

Esta foto é histórica, penso que é única, polo menos polo que sei eu. Supoño que cada un ten a súa teima, e quizás a min se me vexa un pouco o plumeiro con esto do monte, dos ríos, da caza e da pesca, e por certo que pouquiñas fotos de caza e de cazadores temos.
Ó que ía, puxen moitas fotos da Barca, pero é a primeira vez que vexo esta barcaza. É máis, eu aínda me lembro de cruzar o río cós barqueiros e con meu avó para ir a cazar polas costas da Carixa e a Reza, e de alquilar algunha vez as barcas con outros rapaces para dar unha volta, pero nunca vira este artefacto diseñado para o transporte das caballerías e carruaxes. Si vira fotos semellantes pero noutros ríos.
A foto como podedes ver está sacada dende o lado da Arnoia xa que ó fondo vese o Val de Francelos, e non sei en que ano estará feita. Tampouco coñezo a ninguén dos que nela saen.
Tecnicamente e de salientar que esta embarcación era moi grande, eu lle calculo así como uns 10 m. de eslora e 4 de manga. Debería de ser moi estable, dadas as súas dimensión xa que o estar feita para un uso exclusivamente fluvial se lle supón que é de fondo plano. Ó non ter nin proa nin popa a súa maniobravilidade está garantida, xa que os toletes dos remos están situados en extremos opostos, é dicir: un na suposta aleta de babor, e outro na suposta amura de estribor. A extremada lonxitude dos remos facía que tivesen que compensalos dalgún xeito, e a solución ven dada pola colocación duns pesos de pedra en cada un para así poder movelos aplicando pouca forza.
Outra das cousas que me chama a atención é que parece pola foto, que posue unha rampa levadiza feita de madeira e rematada por un tronco para abrir ou pechar a proa, e que sería utilizada cando fose necesario para embarcar ou desembarcar as carruaxes.
Non vós canso máis, pero esta foto a considero unha pequena peza de museo. É unha parte da nosa historia e da tecnoloxía que facía posible con poucos medios solucionar grandes problemas.





miércoles, 11 de noviembre de 2009

Na estación

Maravillosa imaxe esta que se fai este grupo na estación do ferrocaril de Ribadavia, fixádevos que ata o empregado da Renfe (si se chamaba así daquela) posa tamén para a foto subido na dianteira da máquina.
Non sei de que ano será, e só coñezo a un moi xoven Julio Neira, " O Mexicano"que é o que está á dereita da foto.
Falando tamén un pouco de todo, con respecto á estación, e aínda que non sae na foto, teño visto nun deses xornais que tanto me gusta consultar, que a marquesina que cubre o andén da nosa estación instalouse a principios do ano 1927, despois de arduas xestións dos ribadavienses, que ata ese ano tíñanse que mollar para acceder ós trens.
Ou sexa que xa temos un referente para datar as fotos da estación, do 27 para atrás non hai marquesina.



martes, 10 de noviembre de 2009

Nunha praia da Coruña

Desta foto todo o que sei é o que tiña anotado pola parte de atrás, e penso que é unha sorte atopar fotos destas, nas que os seus donos tiveron a paciencia de anotar cousas.
Son unha pandilla de mozos de Ribadavia que se fotografían na Praia de Chanteiro, na provincia da Coruña, concretamente no Concello de Ares en Julio do ano 1941 . O que non sabemos é a que se debeu esta viaxe.
Os nomes que están por detrás, e si non me trabuco na súa lectura xa que a letra e o paso do tempo os fan difícil de ler, son: Barreiro, Lloréns, Vila, Neira, Blanco, Pajariño, Sentador, Portugués, Borbén, Pereira.
Se podedes dar algunha información sobre esta foto ou os seus protagonistas, sería benvida.


lunes, 9 de noviembre de 2009

Benito Escudero en 1934

Envíame Óscar Escudero esta preciosa foto na que aparece o seu pai, que é o rapaz da dereita, mentres que dos outros dous non sabemos nada. Está sacada no ano 1934, polo que seu pai, Benito Escudero tiña nese momento 14 anos.
Óscar me escribe que nunca se fixara tan detenidamente nas fotos, pero que agora ó velas comenza a facerse preguntas. E sobre esta en particular me fai varios comentarios:
O primeiro é que ¿quen fai a foto?, xa que están no Piñeiral, ¿é outro rapaz ou é un adulto? Se fose outro rapaz, ¿quen tiña cámara daquela?.
Outra cuestión é o da postura que poñen para a foto. Non deben de ter moi claro se van saír nela ou non. Fixádevos que un deles está como encollido para entrar no cadro. Aínda que Óscar pensa que tamén pode ser para que se vexan as súas casas, xa que a do seu avó vese perfectamente, ó igual que o Cine España, e a Igresa da Oliveira.
Por último é de salientar o cariño que estes tres veciños tiñan pola nosa vila, xa que mirade ata onde se foron para sacar unha foto na que saíra a súa querida Ribadavia.
A min só me queda dicirvós que aparte dos rapaces esta foto é unha espectacular vista da vila no ano 34, e non me farto de repetilo, sempre me chama o mesmo a atención, mirade o limpiño e o ben traballado que estaba o monte de Santa Marta. Hai xocalcos con cepas case ata a cima.
Por certo, falando de que se ve tan ben o monte Sta. Marta. ¿Sabe alguén si existen fotos ou documentos de calquer tipo das explotacións mineiras de wolfran que alí había?