O venres pasado presentouse no Museo Etnolóxico da vila o libro ""Murgas e cancións dos Carnavais de Ribadavia (ata 1936)" escrito por Antonio Pérez Mein, Marcos Gómez Moure e José Luís Chao Rey.
Un espectacular estudio, que aporta moita luz sobre unha das tradicións máis emblemáticas da vila.
Todos, nas nosas casas, escoitamos algunha vez aquelas vellas cancións coas que os nosos avós lembraban os antigos entroidos ribadavienses. Despois, grazas as exposicións de fotografía do Museo, fomos poñendolle cara a esas murgas, e ós seus compoñentes. Pero faltaba algo... As cancións transmitidas por tradición oral, e as fotos soltas, pouco información aportaban.
Este libro ven a encher este espacio baleiro. Nos seus capítulos, repletos de material gráfico, faremos un percorrido cronolóxico por todas as Murgas, con abondosa información sobre directores, músicos, letristas, cancións, programas de man e compoñentes, que veremos perfectamente identificados.
Logo ven un capítulo que me chamou poderosamente a atención (aínda que eu non son músico) pola cantidade de partituras de cancións que contén, algunhas delas recuperadas da tradición oral, e que de seguro con esta publicación, vaise evitar a súa desaparición e olvido.
Para rematar, faise un estudio das sociedades e sitios onde se facían os bailes e asaltos no Entroido, e dos cadros líricos formados na vila naqueles tempos.
En definitiva, un inxente traballo de investigación levado a cabo nestes últimos anos, feito por outra parte sen axudas, e autofinanciado polos propios autores, que penso que debería de ocupar un lugar destacado nas nosas bibliotecas.
Só nos resta dende aquí, felicitar e dar as grazas ós autores polo seu traballo, e animalos para que sigan nesta mesma liña. Deixovos a portada do libro, e unha foto dun deles.
|
Portada |
|
|
|
|
Marcos Gómez Moure |