Achéganse as festas do Nadal, e teño a sorte de recibir, de novo, de mans de Benito Amil, este pequeno folleto da Sala de Festas Río, na que anunciaban o seu programa de celebracións para as festas de Nadal do ano 1955.
Poucas distraccións debía de haber na vila naqueles anos, polo que a sala de festas Rio, supoño eu, que debía de completar o seu aforo.
Dende logo, como mudaron os tempos. Tedes que perdoarme, pero faime moita gracia eso de "bar americano", e xa non digamos o anuncio da "sesión vermú". ¡As cousas como son!. ¿A quen se lle ocorre ir hoxe a unha sesión vermout ás 11 da mañán? Aí queda iso. Só para os máis atrevidos.
Aproveito tamén para felicitarvos a todos as festas. Como dí o anuncio ese, que o 2013 sexa o mellor 2013 da nosas vidas, e que o 2014 veña, polo menos, un pouco máis cargado de bombo.
Pasádeo ben.