martes, 13 de abril de 2010

Un ribadaviense levando a San Telmo

Hoxe cando abrín o xornal a primeira hora da mañán, atopei unha imaxe da procesión de San Telmo de onte en Tuy, que me trouxo á cabeza esta foto que me dera fai un tempo Mari Carmen López.
Nela aparece o seu home Manuel Lage, cando era seminarista no Seminario de Tuy portando a imaxe de San Telmo. El é o que leva a parte dereita traseira do santo, que como sabedes foi un frade dominico que residiu e predicou en Tuy, polo que esta vila lle adica as súas festas patronais.
É un dos santos dos que máis se lembran os mariños das costas españolas e portuguesas cando se atopan en situacións de perigo, ou inmersos no medio dunha tormenta.
De feito ós fenómenos eléctricos que se producen nos mástiles dos barcos nesas condicións de mal tempo tamén levan o seu nome, son os famosos "Fuegos de San Telmo".







2 comentarios:

  1. Este san Telmo sospecho que es nuestro san Pedro González Telmo quien antes de irse para Tuy donde está enterrado, estuvo por Ribadavia. Hizo, según la leyenda el puente de san Francisco, el de Castrelo y el de La Ramallosa y en el monte de santa Marta aun se conserva la "cova de san Pedro" a donde se retiraba para hacer oración y cuya tierra se vendía junto con los "rescritos" en las desaparecidas fiestas de san Pedro de Verona, o san Pedro mártir, en la que con el paso de los años se confundieron ambas devociones.Este san Pedro de la fotografía, se fue indignado con Ribadavia, donde un criado suyo fue acusado de un robo que no cometió, por lo que el santo sacudió con rabia sus sandalias,pronunció la frase lapidaria (que no repito) cogió una barca y rio abajo se fue por el Miño hsta Tuy.Espero que nos haya perdonado, yo lo recuerdo con agradecimiento cuando atravieso el puente de san Francisco. saludos para Julio

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas polos seus acertados e interesantes comentarios.

    Efectivamente é o mesmo Santo, e eu non tiña nin idea de que andivera pola nosa vila, e menos aínda da existencia da Cova de San Pedro en Santa Marta.
    Me encantaría, e supoño que ós nosos lectores tamén, e si non é moito trastorno, que afondase, e nos ilustrase un pouco máis neste tema.

    ResponderEliminar