jueves, 6 de mayo de 2010

A Primeira Comunión de María

Agora seguro que saberedes quen é María Arocas, xa que nesta foto aparece no día da súa primeira Comunión, no ano 1963, acompañada dos seus pais Pepita e Herminio.

A foto faise á carón de foto Chao, na rúa do Progreso, e detrás podemos ver o cartel da reloxería Parada, o da tenda do Avelino, parte do da Armería Lira e ó fondo de todo a terraza do Bar Evencio.

María chamoume a atención sobre o sinal de trafego que aparece tamén tras eles. Parece ser que indicaba a prohibición de aparcar nun lado da estrada cada quince días. Eu a verdade non tiña nin idea do seu significado, e penso que debe de estar en desuso actualmente



1 comentario:

  1. Cando eu era nena, a finais dos 60, recordo que se aparcaba cada 15 dñias alternativamente nun lado e outro da rúa Progreso (entón José Antonio). Teño a imaxen de ver a algún dos poucos veciños que daquela tiñan coche apurando a cambialos de veira os días 1 e 16 de cada mes

    ResponderEliminar