miércoles, 12 de mayo de 2010

A voda dos meus pais

Este video que poño hoxe é un luxo, trátase dunha pequena recopilación de escenas do pouco que foi quedando dunha película que se fixo na voda dos meus pais, e digo do pouco que foi quedando, xa que có paso dos anos sufriu moitas perdas na súa metraxe.
Fixemos unha pequena montaxe en cámara lenta, para que poidades tratar de buscar as caras dos vosos coñecidos, das escenas nas que aparecen os invitados. Teredes que ser comprensivos, e entender que garde para min as imaxes máis persoais, coma as dos dos meus pais, que non aparecen no video
A película orixinal rodouna coa súa cámara de super 8 Ricardo Davila, un sobriño do meu avó, que comparte con el o nome e o apelido o 12 de Abril do ano 1959.
A voda celebrouse na capela da Virxe do Portal, e o convite foi servido polo Bar Alfonso nos salóns da desaparecida sociedade "La Peña".
Poderedes ver, se vos fixades ben, a moitísima xente coñecida, dende Pepe "O da Botica", ata Gerardo Álvarez, ou Pepita Fernandez e o seu marido, pasando por tódolos meus avós e parentes por ambas familias, "O Coca", Perfecto, Antonio, Emilio, e varios amigos e amigas dos meus pais.
Por certo o rapaz que sae ó final é Juanín, o fillo de Pepe "O de Correos" que foi o encargado de levar as arras.
Que o disfrutedes.




4 comentarios:

  1. Julio, recibe os meus parabéns, impresionante, hoxe o inesperado , a montaxe e marabillosa, ver un vídeo dos nosos veciños nos anos 59 , mostrando imaxes da vila e do convite son impagables e como ti ben dis un luxo, os nenos do final están de cine. Grazas Julio. Oscar E. Sarmiento.

    ResponderEliminar
  2. Julio. Vaia co video. Imaxina poder ter máis de estes. Ribadavia en movemento no tempo.
    Parabéns polo blog e, a guinda, este documento.

    Benito Amil.

    ResponderEliminar
  3. Sinto unha envexa "sa", o ver este documento excepcional.
    Parabens Julio.
    Ourensenotempo

    ResponderEliminar
  4. Inda no saín do meu asombro. non podes imaxinar a miña ledicia cando entrei no blog e me atopo con este impresionante documento gráfico. Tantos parentes, o meu avó Pepe... en fin unha marabilla.
    Parabéns e grazas, moitas grazas Julio.

    M. José Bouzas

    ResponderEliminar