jueves, 27 de enero de 2011

Na curva do Che

Moita xente podemos recoñecer nesta instantanea feita nunha das procesións que se fan ó longo do ano en Ribadavia. A foto pertence a Maricarmen López, e non sabe dicirme si se trata dunha das procesións de Semana Santa o si é das Festas do Portal.
O caso é que aparece ela no centro, cun vestido de cor clara, e tras ela vai o que era o seu home, Manuel Laje con chaqueta, gafas e garabata.
Na fila que vai dediante deles eu, a bote pronto, recoñezo ó Adan, que era veciño noso na rúa dos Fornos, tamén con gafas e chaqueta, e máis adiante ó Toné e a Julio, que non sei se tiñan algún parentesco entre eles.
En primeiro plano, e cortados, xa que só se lles ven as cabezas, penso que aparece un dos Martínez, dos que tiñan os materiais de construcción na estrada do Carballiño, e moi borroso na esquina inferior dereita o Buján.
Da xente que aparece atrás, na outra ringleira da procesión, frente ós escaparates da ferretería Che, non recoñezo a ninguén, pero ó mellor vós si.





6 comentarios:

  1. El negocio "Che" era un bazar,(no ferretería) de los más antiguos de Ribadavia y nuestros vecinos Julio y Toné, ambos fallecidos, eran hermanos. Los asistentes van muy elegantes en la procesión por lo que me imagino sería la del día 8 del Portal.Sa
    Saludos para Julio.

    ResponderEliminar
  2. O QUE ESTA NO CETRO DA FOTO CON LENTES E CORBATA E O ADAN,E O QUE VAI DETRAS VIVE ALI NA FONTE DOS DOUS CANOS ,PERO NON LLE SEI O NOME

    ResponderEliminar
  3. pareceme o leopoldo da franqueiran, correxideme si estoy trabucado

    ResponderEliminar
  4. O que vai detrás de Adán é Leopoldo pero non é da Franqueirán é de Vila. Quen me parece da Franqueirán é un home que está diante do escaparate do bazar "Che" que se chamaba Cándido e morreu hai anos nun accidente de coche.SAudos para Julio.

    ResponderEliminar
  5. El que dices que debe ser de los Martinez no es, este señor se llamaba Enrique mas conocido como "Enrique ó do carro"

    ResponderEliminar
  6. Efectivamente, era un bazar. El dueño del bazar era el tio Pepe, que tenia dos hijos, Marcial y Pepiño. Pepiño murio bastante joven y Marcial siguio con el negocio familiar. Marcial era primo de mi padre. Mi abuelo era hermano del tio pepe, Cesareo Alvarez. Si alguien tiene mas fotos relacionadas con ellos, agradeceria muchisimo que las compartieran.

    ResponderEliminar