Outra foto de Miguel López, penso que xa dunha época posterior, xa que eu lle calculo que debe de ser de finais dos setenta. O atuendo é conforme a eses anos, non vos vou a dicir yeyé, pero case.
Supoño que esta foto debeuse de sacar na terraza do mítico Kopa Club, que era onde pasaban, ou mellor dito, pasabamos moitas horas mortas cantidade de xóvenes ribadavienses, tirados nas súas cadeiras ó sol, vendo pasar á xente e os automóbiles rúa Progreso para arriba e para abaixo. Mentres esta rúa foi a estrada Villacastín - Vigo, a animación estaba asegurada, pero cando se construiu a nova, que xa non pasaba polo centro da vila o ambiente disminuiu bastante.
Lembro unha tarde abafante de calor. A terraza estaba ocupada por alomenos unha ducia de rapaces aburridos, e niso detívose un coche xusto diante de nós. Unha parella, que ía dentro, baixando a ventanilla preguntou pola situación do Hotel Avia, que acababan de deixar atras a escasos cincuenta metros. O hotel en cuestión o acababan de inaugurar, e tiña unhas letras de cor vermello xigantes penduradas da fachada, eran tan grandes que cada unha delas case ocupaba unha pranta do edificio.
Os máis pequenos cando xa lle iamos a respostar á parella, quedamos calados ante a mirada ameazante dun dos rapaces maiores que impuña silencio. Tras uns segundos que se fixeron moi longos o que calara a todos coa mirada dixo:
- Sigan por esta calle, pasarán el Castillo y una iglesia, y arriba de todo, al final de una pequeña recta, encontrarán una gasolinera. Justo antes, hay un cruce a la izquierda que pone Francelos. Cojan por ahí y a unos quinientos metros encontrarán el hotel.
Todos quedamos dunha peza, e ó irse o coche escachamos a rir.
- A min ninguén me vai a tomar o pelo. Dixo o que levara a voz cantante.
- Como ían a preguntar polo hotel, si se vía perfectamente.
Uns minutos despois viamos baixar de novo o coche da parella cara o seu destino. Fitáronnos cun pouco de odio, e a todos nos entrou un pouco de vergoña.

esta foto es en la puerta del bar alfonso que estaba frente ala fabrica de ataudes del santorio antes del paso anivel
ResponderEliminar¿Estás seguro que está diante do bar Alfonso? A min non me parece nin a porta do bar nin as beirarrúas de san Francisco, daquela moi características cunhas lousas moi amplas que desapareceran misteriosamente (!) cando foron sustituidas polas actuaís.
ResponderEliminarsi foy no bar alfonso
ResponderEliminar