Animada charla nunha paradiña, é a que tiñan estes veciños nosos, nuha calurosa tarde do verán a piques de escomenzar a década dos setenta na rúa do Progreso.
A foto nola envía Francisco Couto, xa que o home da esquerda é o seu pai Francisco Couto Touza, e o segundo pola dereita é Benigno Pousa Cortés, de quen Francisco nos conta que era moi intelixente, e unha das mellores persoas que el coñeceu. Era tío de seu, e marido de Carmen, irmá da súa nai. Desde a guerra viviu fóra de Ribadavia, en Guadalajara e Torrejón de Ardoz. Naceu en 1915 e morreu no 2006, polo que non é, a pesares de chamarse igual, aquel rapaz que no ano 1920, xunto co seu irmán acadaran grande éxito na Escola de Comercio de Vigo, tal como reflectía unha nota de prensa que publicamos hai un tempo.
Benigno era sobriño do pai deses escolares, de Jesús Pousa, que fora alcalde da vila, e curmán deles. O Benigno Pousa do xornal segundo as súas informacións morreu en madrid nos anos cincoenta.
O que nos gustaría saber a todos é que nos digades os nomes dos dous que faltan por identificar na foto.
o que ten o pitillo na boca e Juan o Nené, irmán do carrolo do bar celta , e que tivera unha tenda en Garcia Boente
ResponderEliminarO irman do Carrolo que tivera unha tenda na porta da vila,"Panver"chamanlle "O Neno"
ResponderEliminar