Non sei si este retrato está feito por Foto Chao, e aínda que non volo poida asegurar, da o mesmo, xa que seguro que é obra dun dos moitos fotógrafos de pobo ou de provincias que foron quenes de ir enchendo esas caixas nas que todos imos metendo a memoria das nosas familias.
Nel vemos á dereita a Rita Pousa acompañada dunha amiga que non coñezo. Pero o que me chama verdadeiramente a atención é o traballo artístico que facían estes fotógrafos cos poucos medios dos que dispoñían.
Hoxe en día é moi doado, e está ó orde do día, grazas ós programas de retoque fotográfico, suavizar xestos, unificar tonalidades, escurecer ou aclarar as cores. Pero ollade esta foto, parece que o tempo se detivo durante unhas décimas de segundo para sacar estas dúas caras tan anxelicales.
Non só se necesitaban medios e coñecementos técnicos, facía falla algo máis, ese algo especial que os ingleses chaman "feeling".
Grazas Carmela por esta fermosa imaxen.

A esquerda de Rita está a sua amiga Milagros Tesouro que vivia nunha das galerias da praza maior ( hoxe encima da vinoteca).
ResponderEliminar