Esta foto é propiedade tamén de D. Alfredo Escudero e está datada en 1925. A poño hoxe por dous motivos, o primeiro é que a primeira vista podémola confundir coa foto da portada dun deses marabillosos libros publicados polo Museo Etnolóxico de Ribadavia, concretamente o de Imaxes da Infancia, pero non ten nada que ver, son totalmente distintas.
O segundo é que o noso amigo Anxelis do blog Ourense no tempo está a publicar cousas moi interesantes deste colexio que os Irmáns Maristas tiveron en Ribadavia no primeiro tercio do S.XX. Convén que lle votedes unha ollada si o tema vós interesa.![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg7jR8nl0XtrXcCICFflPxNrjV28ijS2dNctJyDbXO5W8wq8kKVikCYEhEFC-5y__oe6Rxn524vBbt8CZ936WKm5AtHyVAYNK4eGgMIVhYJN5Sq_GD7tUhoUeuX7Bhsv0XiDz67odJnypfN/s400/Maristas+Ribadavia+1925+-2.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario