viernes, 27 de noviembre de 2009

O edificio da Praza de Abastos

Estas dúas fotos pertencen ó libro "Avance de la provincia de Orense 1923-1929", e ó igual co plano do Grupo Escolar que puxen fai un tempo, mas envía Rafa Salgado.
Eu non teño agora mesmo ningunha constancia documental de cando se fixo este edificio, pero non sei porque me soa que se inaugurou no 1929. O que si teño algún recorte xornalístico que fala da construcción da nova rúa que vai enlazar a Praza de San Xoán e a rúa do Progreso. Se vós fixades no plano da vista lateral, vese como ten escrito " a la nueva calle".
Unha pequena nota nun xornal do mes de Setembro do ano 1927 fala de que xa comenzaron as obras de derribo das casas afectadas, e que en breve estará rematada esa rúa, que se debe á entusiasta iniciativa do Alcalde D. Jesús Pousa. A nova vía será adoquinada e con amplas beirarúas. Supoño que a construcción deste edificio polo tanto andará por eses anos 1927-1929.
Estou tratando de facer memoria para ver as principais diferencias que hai entre este proxecto e o edificio na actualidade, pero penso que antes de meter a pata, e falar de memoria, o mellor será que cada un saque as súas propias conclusións, aínda que a min eso da fonte nun lateral soame moito, o que xa non me resulta tan familiar son as escaleiras laterais, e a altura do edificio.
Seguro que alguén que o teña máis cerca poderá botar un pouco de luz sobre este asunto.
Tamén aproveito esta entrada para colar un pequeno detalle de sociedade adicado á nosa amiga Matilde. Nesa mesma páxina aparece outra pequena nota, que paso a transcribir a continuación:
"Natalicio: Ha dado a luz con toda felicidad un robusto niño la distinguida señora Dña. Ramona Campos, esposa de nuestro buen amigo D. Luís Chao Rodríguez".





3 comentarios:

  1. Muchas gracias por el detalle. El robusto niño supongo será Moncho Chao Campo, mi primo, hijo de mi tío Luis.

    ResponderEliminar
  2. A que máis me chama a tención é a escaleira lateral, por onde hoxe está a entrada e que ainda conserva nos muros do edificio os riscos, onde a vista do debuxo, se encastrarían os chanzos da escaleira, e que a min, ignorante de esta escaleira sempre me pareceu como si aló houbera un tellado

    ResponderEliminar
  3. Este hermoso edificio se inauguró en 1929 y se hizo durante la alcaldía de d.Jesús Pousa a quien tambien se le debe el Grupo Escolar.
    De todas formas los datos que pongo referidos a este edificio, figuran en la lápida de la fachada.

    ResponderEliminar