miércoles, 1 de febrero de 2012

Ribero Fino

Isto é o que me atopei de casualidade o outro día dando unha volta pola rede, concretamente na páxina web gastronómica "Colineta.com" que fai o xornalista Miguel Vila Pernas.
Según  conta alí, esta postal tan curiosa lla enviou o seu irmán, que é un entusiasta da filatelia. A postal en cuestión esta remitida dende Ribadavia en Abril do ano 1925 a unha empresa de Sevilla solicitándolles termómetros e outros aparellos de medida relacionados coa enoloxía, tal coma podedes ler na súa páxina.
A tarxeta supoño que editada por José Uzal García de Vigo, que ten en exclusiva a representación deste viño, o anuncia como  "el rey de los vinos gallegos". Pero como podedes ver, leva un selo de Ribadavia, onde pódese ler claramente o nome de Miguel Ballesteros Casal.
Recoñezo que non sei nada desta marca, que anuncia brancos, tintos e tostados; nin se chegou  a embotellar algunha vez viño na nosa comarca. Pero o que máis me doe, é que  tampouco sei quen era o remitente,  Miguel Ballesteros, e si tiña na vila algún negocio relacionado co mundo do viño. 
Dalgún Ballesteros xa falamos aquí outras veces, e ó mellor algún de vós ten algunha información que nos poidera ilustrar neste tema.
O que si teño que destacar é o luxo e o coidado con que está  deseñada esta tarxeta,  rara quizás para a publicidade que se facía naquela época.
Non podo rematar esta entrada sen darlle as grazas a Miguel Vila por a súa amabilidade.



lunes, 30 de enero de 2012

As prácticas do sulfato

Xa vos falara fai tempo de que atopàra no xornal ABC do  22 de Xullo do ano 1933 unha foto feita por Foto Chao a páxina completa, concretamente nunha sección chamada "Páginas Agrícolas". Acompañada dun moi breve texto:
"Cursillo intensivo en Ribadavia. En la capital del Ribeiro, y con asistencia de muchísimos vitivinicultores, se ha desarrollado un curso práctico semanal, organizado a cargo del personal técnico del la Estación Ampelográfica Central, con la colaboración del profesor de la Escuela de Ingenieros Agrónomos Sr. Marcilla. Trabajos de laboratorio, prácticas de campo y de bodega, y conferencias han tenido un carácter de aplicación a los problemas vivtivinícolas de la zona.(Foto Chao)."
Daquela eu non tiña a foto, e por esas cousas do "copyright" non me quedou outro remedio que poñer un enlace á hemeroteca de dito xornal.  Hoxe poñemos unha copia que aínda que ten moi pouca calidade, serve polo menos para deixar constancia dela.
Como sabedes, moitas das fotos colectivas que fixo Chao, están repartidas entre moitos veciños, tanto da vila, como da bisbarra do Ribeiro que se foron quedando con copias. Eu non son quen de recoñecer a ninguén, pero o que si podo aventurar é que a igrexa que se ve ó fondo debe de ser San Domingos, polo que esa finca na que están a traballar, debería de estar máis ou menos enfronte do vello cuartel da Garda Civil, onde mestan hoxe "Os chalets"
Teño tamén que recoñecer, e esquencime na entrada que fixen sobre esto, que a pesares de ser dunha terra de viño, que non sabía o que significaba a palabra "Ampelografía", que resulta ser a ciencia que estudia, clasifica e describe as vides (vitis vinífera), as súas variedades e os seus froitos. A palabra ven do grego "ampelos" que significa vide e de "grafos", clasificación.
Nunca te deitarás sen saber algo novo. 


viernes, 27 de enero de 2012

Outra vista da vila

Moi lentamente van aparecendo novas postais en internet, coma esta que poñemos hoxe, que creo que non debe de ser moi vella, aínda que sexa  en branco e negro. Digo isto por que se vos fixades detidamente, vemos claramente os tellados da praza de Abastos, coa súa forma tan peculiar, rodeada dalgunha edificación máis alta, como é o caso do edificio do Banco Pastor, polo lado da dereita, coa súa fachada achaflanada tan característica, e as moles dos edificios do cine Río e do Sanatorio, que destacan  pola banda da esquerda.
Se temos en conta que estas construccións se levaron a cabo moi a finais da década dos cincuenta, podemos aproximar a data da postal con bastante exactitude.
Outro picar de faneca ben distinto, é averiguar dende onde está feita, xa que o punto de vista paréceme que é moi alto. Poidera ser dende o campanario de S. Francisco?

miércoles, 25 de enero de 2012

A "Emulsión Scott"

Eu non vos sei que haberá de verdade nisto que poñemos hoxe, pero o certo é, que o apelido Retorta estivo sempre moi ligado á nosa vila. Como saberedes, xa fai algún tempo que  falamos nalgunha entrada de Julio, e de Laureano Retorta, e hoxe tócalle o turno a Saturnino, que dito sea de paso, non sei quen era, nin si existíu, ou non.
Ese recorte que vedes embaixo, procede do xornal barcelonés "La Vanguardia", concretamente do xoves 8 de Setembro do ano 1904, e nel publícase unha carta -supoño que de xeito publicitario- de D. Saturnino alabando as cualidades da "Emulsión Scott". Os autores desta forma de "marketing", como se di agora, incluso se atreven a poñer unha ilustración, penso que inventada, da  muller de D. Saturnino.
A Emulsión Scott, non é outra cousa que o aceite de fígado de bacallao, que tomaron xeracións e xeracións de rapaces como complemento vitamínico para medrar fortes e sans. Seica sabía a raios, e digo seica, xa que eu, por sorte, non tiven que catala nunca. 
Polo que sei, segue á venda aínda hoxe, pero as forma de anuncialo foron variando moito ó longo do pasado século, como podedes ver nas outras imaxes.
O caso é que xa a pouco de comenzar o século XX, un ribadaviense participa nun anuncio publicitario, tan só por escribirlle ós importadores deste producto, con esa linguaxe tan suxerente, e decimonónica. Senón mirade como lle chama ó embarazo da súa muller: "estado interesante".
Coma sempre, un ribadavienses na vangarda.
Transcribo a continuación a carta, para que non teñades que forzar a vista.

“Ribadavia, 10 de enero de 1903.
Muy señores míos:
Tengo el gusto de participarles que mi señora esposa durante su estado interesante ha estado tomando su excelente Emulsión Scott, como alimento reconstituyente de sus fuerzas, lo que en gran manera ha contribuido al feliz alumbramiento de un niño sano, gordo y perfectamente constituido. El uso de la Emulsión Scott después del parto ha producido una extraordinaria abundancia de leche rica, de lo que el niño se aprovecha admirablemente.
De usted aftmo. s. s., Saturnino Retorta”





lunes, 23 de enero de 2012

"La plaza en la ciudad". A praza Maior

Derradeira entrada, esta que facemos hoxe, sobre o que de Ribadavia  escriben no libro "La Plaza en la ciudad. Galicia-Asturias-Cantabria-Pais Vasco- Navarra", os arquitectos  José Luis García Fernández e Lena Saladina Iglesias Rouco, do que xa viñemos falando en días pasados.
Deixamos para o final a Praza Maior, non por a súa importancia, senón por que algunha tiña que ser a última, e isto é o que dela nos din:

"Por su parte, la extensa e irregular PLAZA MAYOR, aun conviviendo con los minúsculos espacios de tradición medie­val del interior del recinto amurallado, nada tiene que ver con ellos. Abierta en la mitad irregular de la villa, puede proceder de un proceso de reestructuración de parcelas poco edificadas o de construcción en la «tierra de nadie» que pudo existir entre la fortaleza y la parte consolidada de la villa, es decir, en ambos casos, de una situación que posibilitaba la fácil ocupación del suelo.
La gestación de su actual recinto debió comenzar con la presencia de la casa consistorial desde los últimos años del siglo xvi a la que siguió un lento proceso de ejecución, si nos atenemos a la magnitud del espacio y a la edad de la edificación existente, que conserva algunos restos de los siglos XVII y XVIII y una mayor parte de obras del siglo pasado. Su trazado responde a un esquema en turbina, roto por la corta vía de enlace de poniente, con una proporción alargada y convergente hacia la fachada noreste. Corresponde también al modelo de plaza mayor formalmente heterogénea con soportal incompleto y alzados diversos, tanto en altura como en composición y tipología de elementos que lo constituyen.
El material de construcción principal es la sillería de granito, tanto en las fachadas —de empleo total o alternado con recuadros revestidos— como en los pavimentos, reciente­mente renovados. En tres de las fachadas predominan las soluciones de galerías altas y en la peor orientada —noroes­te— los balcones volados.
El espacio nació con función principal de mercado, hoy muy restringida, como lo está también la actividad comercial. La mayor parte de los locales de las plantas bajas se destinan a almacenaje o bodegas en las que se alojan las panzudas barricas de roble y las viejas prensas del Rlbeiro. Tan sólo la casa del concejo, con su bello cuerpo de finales del xvi y una parte construida en el xix, y la destinada a juzgado y biblioteca pública, mantienen el carácter de representatividad comuni­taria."



viernes, 20 de enero de 2012

"La plaza en la ciudad". A da Magdalena e a de Buján

Seguindo cos textos e as ilustracións que trae este libro, "La plaza en la ciudad. Galicia-Asturias-Cantabria-Pais Vasco- Navarra", publicado polos arquitectos  José Luis García Fernández e Lena Saladina Iglesias Rouco, na editorial Hermann Blume no ano 1986. Hoxe lles toca o turno ó conxunto formado polas  prazas da Magdalena e de Buján, no barrio xudeo. E isto é o que delas din:

"En el área donde estuvo la judería y en la cuña que rellena el encuentro de la planta regular del primer núcleo con su irregular expansión, las PLAZUELAS DE LA MAGDALENA Y DE BUJÁN se desarrollaron en un borde de brusco descenso en el interior de la muralla. Esta circunstancia, la situación aislada de la iglesia y la presencia de una puerta de muralla, llevaron a un resultado de trazado muy minucioso donde conviven las soluciones escalonadas de los angostos espacios del norte de la iglesia y sus «patines» de acceso a las viviendas, de nítida ascendencia rural, con las claramente urbanas de la plazuela porticada y el ámbito arboladode la plaza-terraza de Buján.
La pequeña iglesia de la Magdalena, de escala semejante a la de las románicas de Santiago y San Juan, es el elemento básico de la composición. Su fachada - igual que en aquellas- se orienta como fondo perspectivo de un eje, y ante ella se formó un breve ámbito que es, al mismo tiempo, espacio de respeto y bifurcación.
En el recinto de esta plazuela, la arquitectura renacentista de la Casa del Conde, con su soportal de esbeltos arcos sobre columnas, pone el contrapunto de su porte clásico a las restantes construcciones canteriles de recios arcos y vibrantes fachadas. Las desgastadas losas de granito completan el tratamiento de esta pequeña obra de orfebrería arquitectónica, comparable a la plaza de San Martín, situada más al norte.
La plaza de Bujan parece proceder de un derribo parcial de la estrecha y larga edificación adosada al interior de la muralla, debiendo limitarse el espacio antiguo al recinto alargado que define el muro de la rampa de acceso desde la puerta del Arrabal y la fachada alineada con él. El nuevo espacio, arbolado, de rasante horizontal y con la única pavimentación de la franja enlosada que une la calle de la puerta Nueva de Abajo con la de la Magdalena, tiene el carácter de mirador sobre amplias perspectivas del Avia y una clara función de esparcimiento".

miércoles, 18 de enero de 2012

La Plaza en la ciudad. San Juan


Fai algún tempo que Francico Couto me falou dun libro titulado "La Plaza en la ciudad. Galicia-Asturias-Cantabria-Pais Vasco- Navarra", publicado polos arquitectos  José Luis García Fernández e Lena Saladina Iglesias Rouco, na editorial Hermann Blume no ano 1986. 
Nas súas máis de trescentas páxinas fai un percorrido desde o punto de vista arquitectónico por estes espacios urbáns do norte de España, e entre todas elas, temos a sorte de que estudian, e debuxan as máis senlleiras da nosa vila. 
Estas son as ilustracións que fan desta praza e que acompañan ó seguinte texto:

"El espléndido ejemplar románico de los caballeros sanjuanistas, que tuvieron aquí casa propia de la Orden, levanta su frontis principal ante un pequeño espacio de la más pura raíz medieval, la PLAZUELA DE SAN JUAN.
Por el plano de Coello-mediados del siglo pasado- se puede conocer que el recinto de esta plaza terminaba en la primera calle del lado de poniente, cerrado por una larga y estrechísima manzana que estaba apoyada en la muralla. Es decir los dos tramos de calle que actualmente desembocan en este espacio fueron abiertos  y se edificaron  a partir de la segunda mitad del SXIX y de la construcción de la carretera. En cambio resulta arriesgado aventurar si la iglesia estuvo siempre adosada a otra edificación por su lado norte o en posición aislada, como la de Santiago, constituyendo un bello esquema en el que fue el núcleo inicial de la villa; de todas formas, es probable que los caballeros de la Cruz de Malta se reservaran total o parcialmente la manzana aneja.
El perímetro de la plazuela  actual presenta la mayor parte de su edificación renovada total o parcialmente en el S XIX y , aún, posteriormente. Se conservan como ejemplares más singulares una casa con soportal y sus dos plantas con balcones volados y corridos en todo el ancho de la fachada, una vieja solución de “patín” o escalera exterior- situada en un reducido retranqueo contiguo a la iglesia- y un añoso edificio adosado a ella, con cerramiento de tabla en sus plantas superiores.
Hoy, en conjunto de calle y plazuela, tiene especial interés por constituir un largo eje perspectivo con la iglesia como foco, composición que se repite  en las tres iglesias del recinto medieval. En su espacio se prolonga la reciente actividad comercial de la carretera desde la implantación de un edificio de mercado y otro complementario, de uso exclusivamente comercial." 
  



lunes, 16 de enero de 2012

Vella postal do cruce

Non sei de que ano será esta foto, pero como a verdade é que vou pouco pola vila,  me entra a dúbida de si existe hoxe ou non, a edificación que se ve á man esquerda, un pouco máis arriba da farmacia dos Sánchez,  Se ampliades a imaxe poderedes ver esa construcción, que ten na súa fachada, no baixo, un grande arco flanqueado por outros dous máis pequenos a ámbolos dous lados, ó igual que na primeira planta. O edificio coroase cunha ampla bufarda con tellado a dúas augas, baixo o que se resgarda unha galería que da a rúa.
A imaxe non é moi boa, e forma parte dalgunha colección de postais que se editaron da nosa vila, e non sei o porqué, me entrou agora a dúbida sobre a existencia dese edificio.
Do que si non hai dúbida é do que se ve en primeiro temo, tamén a man esquerda. É a galería da casa onde viviu Joaquín Robla, o que fora alcalde de Ribadavia a finais dos anos cincoenta. Tiña o garaxe no baixo, ó que se accedía pola rúa de San Martiño, que  era onde gardaba o seu Rolls Royce cando viña á vila,. Eu a verdade nunca vin ese automóbil, pero segundo me contaban os rapaces que por alí vivían, era unha cousa impresionante para aqueles tempos, polo que andaban todos abraiados.
Falando de Robla, localicei no diario "La opinión de Zamora" unha colección de artigos escritos por Juan Carlos Villacorta  fai uns  anos, nos que fala do seu amigo Joaquín, da súa muller Cármen Gómez Perez Neu, e de moitas cousas máis, algunhas relacionadas con Ribadavia. Se tedes tempo botádelles unha ollada, só son catro:



viernes, 13 de enero de 2012

Os Agapito

Esta é unha foto típica de  "familia ó completo" feita no estudio do fotógrafo Chao no ano1930. Nela aparece toda a saga dos "Agapitos", fundada por Agapito Escudero e Purificación Gallego. Chega ata nós por cortesía dun  dos seus netos, José Luís Escudero, que segundo nos comenta, e polo que el sabe, debeu de ser a única que o avó Agapito fixo con todos os seus fillos/as vivos, xa que dous deles, morreran sendo moi cativos. 
Xa falamos bastantes veces desta familia, que probablemente foi unha das máis numerosas que houbo en Ribadavia. En total eran once irmáns,e aquí podemos ver a todos eles.
De esquerda a dereita na fila da atrás: Néstor, Mario (pai das Nisas), Concha, Agapito (jr.), Paulino e Alfredo (o pai de José Luís). Na fila de diante: Benito (Pai de Óscar), Menchu (a muller de D.Gerardo), a avoa Purificación Gallego, Berta (a benxamina), o avò Agapito Escudero, Julita (a muller de D.Manolo, o do instituto) e Pepe. De tódolos que aparecen na foto, nestes momentos, só se atopan con vida a día de hoxe  Julita, Menchu e Berta. O pai de José Luís, Alfredo Escudero finou no ano 2008, sendo o último varón en  falecer.
Grazas José Luís por compartir con nós este valioso documento que nos axuda a coñecer un pouco máis a esta industriosa  estirpe ribadaviense.

miércoles, 11 de enero de 2012

O Avia a principios do S XX

Esta foto si que é boa. Mirade que ben se ve a antiga presa que había no Avia, e da que tanto falamos aquí. No ano 1925, cando  Ruth Matilda Anderson fotografiou esta zona do Avia, a presa xa non existía, e no seu lugar intuimos os cachotes que a formaban, amoreados baixo as augas. 
Debeu de ser unha grande chea invernal a que a derrubou, xa que somentes a forza das augas poden estragar semellante construcción. 
De calqueira forma, imaxinades como sería hoxe este tramo do río si aínda existise esta presa? 
As augas nese tramo baixarían repousadas, facilitando incluso os paseos en barca, como se facía hai cen anos, e se fai aínda nalgunha vila  da nosa provincia. E si a contaminación o permitise, quizás fose unha zona moi interesante para unha pequena  praia fluvial. De feito moitos de nós, os que eramos rapaces nos anos setenta, bañabámonos alí, e aproveitabamos os penedos que hai a rentes dos pilares da ponte de San Francisco para tirarmos de cabeza ó río, debido ó fondo que alí ten.



lunes, 9 de enero de 2012

A dor de riles do rei Melchor

O outro día buscando cousas relacionadas co Nadal,  atopei entre uns papeis vellos un atadiño de cartas dirixidas ós Magos de Oriente. En xeral son moi curtas, e están escritas, na  súa meirande parte, con fermosas caligrafías  infantís. Case todas elas comenzan igual: " Como este año me porté muy bien y fui muy bueno..."  e a continuación vanse reflexadas nelas os desexos e as ilusións, que daquela, tiñan moitos rapaces e rapazas da nosa vila. 
Non sei o que me levou a gardalas, pero supoño que foi  a mestura  que entre respecto, medo, ilusión  e frío tiñan as facianas dos cativiños, cando se aproximaban ó sillón onde estaba eu sentado co meu colo de armiño e a imponente coroa dourada. A verdade é que mereceu a pena, e agora, despois de tantos anos resulta moi gratificante ler algunhas, e ver como cambiou o conto.
Todas teñen datas dos anos oitenta e oitenta e un, e están firmadas con nomes ben coñecidos na vila, que hoxe deben de rondar os corenta, e que calo por manter o segredo da correspondencia.
Entre todas elas atopei tamén un folio escrito a man, con letras maiúsculas e con algúns tachóns. É o discurso que leu o Heraldo Real, que non era outro que o Pepe Viñas, dende o balcón da Casa Consistorial a noite do cinco de Xaneiro do ano 1981. E que transcribo a continuación:
 
"Queridos niños de Ribadavia:
Un año más ha transcurrido con profunda pena en nuestro corazón por tan dilatada espera. Nuestra angustia, sin embargo, vió su fin esta mañana cuando al sacar los camellos llenábamos las alforjas, y cargábamos los juguetes en espera de trepar a vuestras casas, en tarea de alpinistas esta noche.
El dolor de riñones del Rey Melchor, el Rey Gaspar con su gota y a Baltasar una muela que se le quedó en Turquía, le impiden expresaros su gran gozo por estar en esta villa. 
Ya decía la canción.... "Ribadavia bella flor". Flor y nata es lo que hoy llena nuestras alforjas. No vamos a decir lo de la nieve, porque ya se acabó la del año pasado, pero si os repetiremos la pregunta:
¿Fuisteis buenos este año? ¿Estudiasteis mucho?
Como sabemos que es cierto, y aunque hay alguno que se esconde, me dicen sus majestades que ahora cogerán vuestras cartas y podreis hablar con ellos."




miércoles, 21 de diciembre de 2011

Felices Festas

Coma tódolos anos por estas datas, deséxovos o mellor. Que pasedes unhas entrañables festas na compaña das vosas familias, e que o vindeiro ano veña ateigado de paz, saúde, traballo e cousas boas para todos.
Felices Festas.



viernes, 16 de diciembre de 2011

Alcumes

Teño a plena seguridade de que moitos de vós xa coñeciades este pequeno libriño, que recopila os alcumes ou apodos dos habitantes que vivían en Ribadavia, alá polos primeiros anos do S. XX.
Pero tamén é moi certo, que hai xente- naturais, ou descendentes de ribadavienses- que por distintas circunstancias da vida, andan espallados polo mundo adiante. Sei que moitos seguen este blog, e ó mellor, eles nunca tiveron a oportunidade de telo nas mans. Nunca poideron comprobar se aqueles nomes que escoitaron ás veces nas casas, eran reais ou imaxinarios.
Para todos eles, vai hoxe adicado este galano de Nadal. Para que coma min poidan lembrar os sobrenomes dos seus devanceiros.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Feira na Praza

Fermosa instantanea da Praza Maior nun día de feira nos anos corenta. Aquí nesta época se situaban as vendedoras das fabas que despois se usarían para sementar. Expuñan os seus productos no chan, ata que anos despois se foron a instalar ós soportais da praza da Magdalena.
Tamen por este tempo se puña neste sitio un home que mercaba o cornezuelo do centeo, que lle traían sempre os paisanos en pequenas cantidades envoltas en panos. Non teño nin idea para que o querería, pero de seguro que reportaba algunha ganancia este comercio.
Daquela os meus avós vivían nese edificio que se ve detrás, no que fai esquina coa rúa de Merelles Caula, e no que houbo durante moito tempo, como se pode ver, unha pintada coa efixie de Franco. Vivían no primeiro piso, o que se ve na foto; e xusto derriba, no segundo piso, moraba D. Claudio coa súa familia, na que eran maioría as fillas.
D. Claudio era unha persoa moi entrañable, sempre vestido de escuro e de moi fino trato, traballaba no Concello, e sufría dos xoanetes, polo que ás veces calzaba uns zapatos recortados cun pequeno burato nesa parte do pé, para que lle temperarara a dor. Este detalle lle chamaba moito a atención a rapazallada que por alí aformigaba.
Á dereita, e non aparece na foto, se atopaba a botica de D. Carlos Sánchez; e no baixo do edificio da esquerda, o que ten as fiestras abertas e enfeitadas cunhas macetas, estaba a taberna do Asturiano, que era onde repuñan as forzas os feirantes que aquí acudían.


lunes, 12 de diciembre de 2011

A estrada do Carballiño

Retomando o tema das postais de Canda, hoxe poñemos esta, na que podemos ver como era, a principios de século XX, a estrada que comunicaba a nosa vila co Carballiño, que máis que estrada, deberiamos de chamar camiño. O camiño de Leiro e Carballiño.
Rodeado por viñedos a un lado e outro, sen apenas edificacións, é bastante estreito, como correspondería a aqueles tempos, nos que os automóbiles escaseaban, e maioría dos vehículos eran de tracción animal.
As augas do Avia, cando se desbordaba asolagaban todos eses fondais que aquí se ven. Terrazas fluviais moi vizosas, onde amais de viño, a xente cultivaba todo tipo de verduras en pequenas hortas próximas á vila, que aínda se seguen a manter detrás das edificacións que ocupan hoxe en día as marxes da estrada.
Os baixos destes edificios aínda se anegan de cando en vez, a pesares do control que ten do Avia o encoro de Albarellos, pero xa sabedes o que dicían os vellos: "O que é do río, sempre será do río".


viernes, 9 de diciembre de 2011

A Pardo Bazán na vila

Aproveito esta postal da Estación, anterior ó ano 1927, xa que foi nesa data cando se instalou a marquesina que tanto pedían os viaxeiros para protexerse do ventoimperio, para transcribir parte dun artigo escrito por Emilia Pardo Bazán, que fala de Ribadavia. Apareceu no número do 28 de setembro do ano 1908 na revista "La Ilustración Artística" editada en Barcelona , nel reflexiona sobre a chinche, e a hostaleria nacional; pero tranquilos, que a nosa vila sae moi ben parada.

"Hace algún tiempo, creo que dos ó tres años, he sostenido aquí mismo la tesis de que uno de los mayores enemigos de España es la chinche; enemigo que nos ha hecho y nos hace poco menos daño que Napoleón y hasta que los yanquis y filibusteros. Ello parece una paradoja gruesa; pero si se reflexiona, es una verdad sencilla. Diré en abreviatura lo que entonces explicaba quizás prolijamente.

Para un país como España, con grandes extensiones de despoblado y cuantosísima riqueza artística y monumental, nada es tan útil, tan sano, como el movimiento y afluencia de viajeros, que despierta y estimula todas las energías civilizadoras, y además deja dinero en abundancia…

.....En Ribadavia -uno de los pueblos más bonitos, pintorescos y monumentales de la provincia de Orense- pasamos una noche. La fonda está agasajada entre parras y álamos, como rodeada de la fresca y vivaz vegetación de un parque, y se asienta frente a la estación misma. Yo recordaba haber dormido allí otra vez, limpiamente. Y limpiamente voví a reposar en cama pulcra, con sábanas de nieve y a la cabecera un San Antonio, que acentuaba la sensación monástica de celda alegre, flotante sobre un mar de follaje denso y frondoso de viña, que amaga invadir las ventanas, abiertas al calor de septiembre y a la regocijada luz del cielo ribeirano. ¡Oh, si en toda España se encontrasen estos albergos, sencillos, pero libres de asquerosas plagas! Creo que no es mucho pedir; no exigimos el hotel fastuoso, con ínfulas de palacio, al estilo del que se alza al lado de la fuente de Mondariz ó al pie de los manantiales de La Toja. Bastan para empezar y tienen su grato perfume de manzanilla y violeta las fonditas como la de Ribadavia, sin pretensiones…y chinches.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Próxima Cooperativa

Esta é outra das fotos que nos envía Manuel Meruéndano, e na que tamén aparece o seu pai, xusto no centro dela, detrás do gobernador civil, tapando co seu corpo parte da maqueta da cooperativa, que se exhibe detrás.
Seguro que vós recoñeceredes a máis xente, pero eu podo ver á esquerda do toro da árbore que aparece na foto a Edmundo Fernández, que era o propietario do que nos chamabamos "O cine de abaixo", cuio nome oficial penso que era o de Cine Principal.
Na parte inferior esquerda, medio tapado por un home con boina, tamén podemos ver a Francisco Cuiñas revisando uns papeis que leva nas mans, sempre traballando para dar cumpridas noticias do que acontecía na vila, como corresponsal que foi de diversos medios escritos.
Dos que están no primeiro plano, e que se ven perfectamente, e dalgún máis que se atopa entre o xentío, non me animo a dar a identidade, pero seguro que vós deixaredes os seus nomes nalgún comentario.

Como houbo tanta preocupación pola vosa parte na entrada anterior, aquí tedes a foto ó revés. Tiñades toda a razón. Está sacada en S. Francisco, e non na Almuiña. Non caín en que podía estar mal revelada. Agora xa o vexo claro.
Moitas grazas a todos, e seguide así.


lunes, 5 de diciembre de 2011

Os Cardeñosa

Si estes días pasados falabamos de Manuel Meruéndano, hoxe imos poñer unha foto da súa esposa Chicha, recentemente finada, xunto coa súa familia, a dos Cardeñosa.
Na nosa vila, como en tantas outras, cando os fríos amainaban, e as primeiras clareeiras permitían saír o sol, a xente animábase a camiñar para matar as tardes dos festivos. E nun destes paseos pola Almuíña é cando se toma esta instantánea familiar.
Si comenzamos pola dereita, vemos ó matrimonio formado por Manuel Cardeñosa de Vega e Juana López Márquez, el era de Benavente (Zamora), e ela do Carballiño. De como se coñeceron , e de como chegaron a Ribadavia nada sei, pero o certo e que aquí fixaron a residencia e criaron ós seus fillos. A súa esquerda está unha delas, Chicha Cardeñosa, que como dixemos antes, casara con Manuel Meruéndano Pardo. Despois vemos a Mercedes López, irmá de Juana, que xunto coa súa irmá Catalina tiveron durante moitos anos o negocio das máquinas de coser Singer, no cal moitas mulleres da vila aprenderon costura e bordado. Por último, á esquerda de todo vemos a Maruja e a Vicente Cardeñosa, irmáns de Chicha, e fillos polo tanto de Manuel e Juana.
A foto é propiedade de Manuel Meruéndano. Ánimo Manuel.

viernes, 2 de diciembre de 2011

Catando o viño

Nesta fotografía podemos ver como o Gobernador Civil da provincia proba o viño dun expositor na II Feira do Viño do Ribeiro no ano 1965, baixo a atenta mirada de Manuel Meruéndano Pardo, que é o que aparece no centro, acompañado á súa dereita por Jaime Dávila. Ambolos dous exerceron a avogacía en Ribadavia , e este último foi alcalde da vila en varias ocasións.
É un novo apunte, outra ilustración que se suma ás que xa publicamos, sobre a historia das primeiras Feiras do Viño,e que lle temos que agradecer a Manuel Meruéndano, que é o propietario da foto.


jueves, 1 de diciembre de 2011

De novo a maqueta da Cooperativa

Tedes que perdoar, xa que estes días tiven que atender varias obrigas e non puiden poñer a entrada que tiña prevista para onte, polo que a poñemos hoxe.
É unha foto da segunda Feira do Viño, celebrada no ano 1965, moi parecida a outra que puxemos fai bastante tempo, e na que podemos ver como a comitiva, que presidida polo gobernador civil de Ourense D. José María López Ramón, pasa revista ós stands das marcas que concorrían á Feira.
Como daquela aínda non se construíra a Cooperativa, esta, publicitábase mediante unha maqueta do edificio, que máis tarde se levantaría nos terreos de Valdepereira.
Esta foto, e outras dúas que porei estes días son propiedade de Manuel Meruéndano, e nelas apareceo seu pai, Manuel Meruéndano Pardo, que exerceu a avogacía na vila durante moitos anos, e que é o máis alto dese grupo central, en concreto, o que está situado máis á dereita. Detrás del, como levantando a cabeza para poder observar a escea con todo o detalle, vemos con gafas Javier de Burgos, dentista da vila que tiña a súa consulta no edificio onde estaba a sociedade "La Peña".
Moitas grazas Manuel.