Xa lle teño dado moitas voltas a esta foto que me cede amablemente Matilde, e por máis que lle dou, non son capaz de ubicala. Alá ó fondo vese unha estrada cuns petriles e unha especie de cruce cun camiño de baixada, que irá a dar ó regato.
Supoño que este muíño non está en Ribadavia, pero seguro que ten que ser dalgún dos regatos que hai nos arredores. O problema é de onde.
Estes canles dos muiños ás veces tiñan moita lonxitude, e moito traballiño xa que algúns están feitos de pedra e incluso tallados nela. Tamén temos levadas coma a que viña dende Maquiáns ata a vila, ou a do río Outeiro que nos amosa Carmela Dávila no seu fotoblog, e que podedes ver pulsando aquí.
Penso que todas estas canalizacións tradicionais, deberían de ser un patrimonio a conservar.
Espero as vosas respostas. Eu non sei de onde pode ser esta foto.

Penso que é en Barcia vella, na estrada que sube hacia Vilaverde, aproveitando o caudal do río Outeiro ou Brull
ResponderEliminarAntes de ler o comentario xa a ubiquei en Barcia, na zona onde fan as festas.
ResponderEliminar