Así estaba o río Miño nese verán de finais dos anos corenta, baixiño, baixiño de verdade, cousa que era aproveitada polos veciños da vila para pasar unhas horas de lecer ó fresco na súa ribeira. Non sei quen son os que descansan neses areais, xa que a foto está bastante borrosa, pero serve perfectamente para ilustrar como era A Barca neses tempos nos que non había encoros .
Polas marcas areosas que quedan nas marxes as oscilacións do río debían de ser ben grandes, pero a praia que deixaban no verán, debía de ser unha verdadeira marabilla. Seguro que si tiveramos un areal así hoxe , estaría inzado de sombrillas e de tumbonas con rapaces tomando o sol.jueves, 3 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario