Outra desas postais que vou atopando pola rede, e que aparecía no mesmo lote que as que vos presentei estes días pasados. Como se pode ver claramente, non é da mesma serie que as anteriores, e máis que unha postal, parece unha foto normal polos seus bordess ondulados.
Non sei de que data pode ser, nin tampouco me atrevo a tratar de situla no tempo.
É unha unha postal máis que engadir á colección da vila.
Non sei de que data pode ser, nin tampouco me atrevo a tratar de situla no tempo.
É unha unha postal máis que engadir á colección da vila.
Moi bonita e interesante, quixera facer un breve comentario sobre esta foto. Hai algúns anos visitou Ribadavia un dos netos do inxenieiro que construiu esta ponte. Daquela ao seu paso pola Oficina de Turismo contoume a sua historia. O seu avó Erasmo Pascual foi un inxenieiro catalán que viñera parar a Galicia a finais do século XIX para construir esta e outras pontes de ferro na linea Ourense-Vigo, botou varios anos en Ribadavia onde casou e tivo varios fillos, un deles foi Erasmo Pascual Colmenero, actor, natural de Ribadavia, que casaría con Rafaela Aparicio, e finaría en Madrid no ano 1975 a idade de 72 anos.
ResponderEliminarAntonio Míguez Amil