martes, 3 de mayo de 2011

Carlos e Tirso Sánchez

Non quero enrevesar moito esta entrada, pero aproveito esta foto de D. Carlos e de D. Tirso Sánchez aparecida na revista "O noso lar" dos Xesuítas de Vigo no número de Xaneiro do ano 1921, para contarvos unha pequena historia de amor.
Carlos e Tirso aparecen retratados na revista como exemplo de bós exalumnos, cando xa estudiaban en Compostela Preparatorio de Farmacia, curso no que obtiveron cada un catro matrículas de honra. Como sabedes eran netos de D. Castor Sánchez, primeiro boticario desta saga que se estableceu en Ribadavia no século XIX, amais de fervinte seguidor da causa carlista como deixou escrito nun comentario a nosa benquerida Lolín Lira.
Pois dando voltas por internet atopei unha fermosa historia no número 8 da revista " O candil" do Colexio público de Bueu. Neste monográfico sobre o veciño desa vila mariñeira D. Víctor Said Armesto, é onde que se conta como D. Castor Sánchez, xefe do carlismo ourensán entablou amizade con D. Pedro Martínez Casal, notable político de Pontevedra, quen o invitou ás festas da Peregrina.
D. Castor acudiu coas súas fillas Benigna e Teresa, e as súas achegadas Rafaela e Amadora Santoro.
Na festa, as rapazas ribadavienses deberon de causar unha grande impresión pola súa beleza ós xóvenes pontevedreses. E segundo esta publicación, Antonio García Varela ronda a Teresita, Pepe Lino a Benigna, Víctor Said a Amadora, e Julián Besteiro a Rafaela.
Parece ser que os tres primeiros romances acabarían en voda, e en concreto D. Victor Said casa con Amadora Santoro Borrajo no ano 1902, tras moitas visitas á casona que o pai dela , D. Rafael Santoro Araujo, tiña en Cuñas, concello de Leiro.
Si queredes saber máis da vida no Ribeiro de D. Víctor Said e de a súa muller Amadora Santoro pulsade derriba deles e veredes ás súas fotos, e algo da súa historia no blog "Roucos" sobre a historia dese lugar de Cenlle.



2 comentarios:

  1. Espléndido blog. Y, gracias por las referencias a éste de Roucos.
    Saludos

    ResponderEliminar
  2. Antonio Garcia Varela era do Carballiño.Catedrático de Ciencias en Santiago e Madrid.Director do Xardin Botánico
    Morreu en Madrid en 1942

    ResponderEliminar