jueves, 19 de mayo de 2011

O retablo de San Domingos

Así, como o vedes nesta foto, estaba decorado o ábside central de San Domingos. Os que coma min nacestes despois da década dos cincoenta, non tivestes a oportunidade de coñecelo, xa que o retablo foi desmontado no ano 1960. Daquela a sociedade ribadaviense sorprendeuse ó ver o templo iluminado polas vidrieiras que levaban moito tempo tapadas polo retablo. O que non sei é si mereceu a pena. Iso teredes que valoralo vós.

Segundo me conta Lolín este fermoso retablo foi obra de Francisco de Castro Canseco, “o Churriguera galego”. A quen llo encargou Dona Leonor Mª de Córdoba, que era a viúva de D. Miguel Sarmiento de Mendoza, Conde de Ribadavia. Rematouse o día 25 de Abril do ano 1712 , e custou 23.000 reales de vellón. Polo que si se conservase hoxe, o vindeiro ano cumpliría os tres séculos.

Como dicía antes, desmantelouse no 1960, quedando somentes no altar maior, o camarín central coas imaxes da Virxe co Neno, en actitude de facerlle a entrega do Rosario a Santa Catalina , e a San Domingos. O resto das imaxes descontextualizadas foronse distribuindo polo templo, mentres que outras pezas se aproveitaron para os altares laterais. A raiz do ConcilioVaticano II, as tres imágenes citadas, (as centrais) fueron sustituidas polo Cristo do camarín central, e trasladadas ata un altar ó lado da sacristía.

Lolín nun traballo que fixo sobre o retablo, atopou unha nota de D. Julio, que era o párroco nesa época, na que con data do 24 de Novembro, lle escribía a Monseñor Temiño, Obispo de Ourense:

Al desmontar la casi totalidad del retablo de estilo barroco el arquitecto y el Sr. Chamoso Lamas separaron algunas piezas que consideraron de algún valor, el resto quedó como chatarra (sic) y ocupa la casi totalidad del almacén que la iglesia tiene en el hospital y acabará por pudrirse por lo que si el señor obispo lo autoriza lo liquidaré aunque sea a bajo precio” .

E así o fixo.

Grazas Lolín por esta foto, e por toda esta interesante información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario