miércoles, 18 de mayo de 2011

Gravado de San Domingos

Na revista "Álbum Iberoamericano" do día 30 de Outubro do ano 1906 aparece esta fermosa imaxen da nosa igrexa parroquial de San Domingos.
Como podemos comprobar este gravado é moi realista, xa que os utilizaban para as ilustracións de libros e revistas antes da aparición da fotografía, polo que a maioría deles soen ser bastante rigurosos co que representan. O que non sei, é quen o fixo, nin en que ano. Non lle atopei ninguna sinatura, e unha cousa é a data da publicación, e outra ben distinta a da súa autoría.
Nel hai dúas cousas que me chaman poderosamente a atención: a primeira é a ausencia da campá no campanario, que está baleiro, e a outra é o paisano que aparece na esquina inferior esquerda apoiado nun sacho. Máis parece andaluz que galego
Esta entrada ía publicarse o pasado día 12 de Maio, encabezando unha pequena serie adicada a este monumento, que segundo nos conta a nosa amiga Lolín Lira, estivo a piques de desaparecer despois da Desamortización, cando a Comisión de Fincas encargada da valoración dos monumentos da nosa bisbarra, non a considerou de interese.
A orde de entradas non creo que altere o producto final. Disculpas.

Santo Domingo de Ribadavia

No hay comentarios:

Publicar un comentario