lunes, 2 de mayo de 2011

Totó

Seguindo co fío da revista "O noso lar" do Colexio dos Xesuítas de Vigo, onde estiveron numerosos alumnos da nosa vila e da súa bisbarra, hoxe poño esta páxina completa do número correspondente ó mes de Xaneiro do ano 1950.
Nela hai un artigo de fondo escrito por un rapaz chamado Antonio Freijido Pousa, Totó, que nese ano cursaba 1º de Bachalerato, co que supoño que debería de ter no momento da foto uns 11 anos.
Totó era fillo de Antonio Freijido e de Emilia Pousa, e amais de ser moi bó estudiante, e o único varón da familia, era como se pode comprobar pola foto un rapaz con moito engado.
Foi unha mágoa que morrese uns anos máis tarde tras unha penosa enfermidade.
Si pulsades na foto, ampliarase e así poderedes ler tamén o artigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario