lunes, 21 de diciembre de 2009

¡Felices Festas!


Os meus mellores desexos de paz, felicidade e prosperidade para todos vós, e as vosas familias neste Nadal que comenza, e tamén para todo o ano novo que entra.
Moitas grazas a todos.
Vou coller uns días de vacacións. Vémonos o ano que ven.

Deixo aquí uns enlaces de regalo, para os que teñades tempo, saibades inglés, e estedes moi interesados en saber o que dicían de nós os viaxeiros anglófonos que percorreron Galicia a principios do s.XX.
Son publicacións que se poden descargar, ou mesmo ler online (pulsando en read online á esquerda). Incluso podedes facer unha busca dentro do libro. Buscade por exemplo Ribadavia, e vós aparecerán tódalas páxinas nas que se fala da nosa vila .


"
Spanish Galicia" de Aubrei Bell publicado e 1922.
"A summer holiday in Galicia" de Catherine Gasquoine publicado en 1911.
"A corner of Spain" de Walter Wood publicado en 1910.
"Galicia, the Switzerland of Spain" de Annette Meakin publicado en 1909.
"Northern Spain" de Edgar Wigram publicado en 1906.

Que os disfrutedes, e si non lle dades ó inglés, sempre haberá alguén ó voso arredor que vós poida botar unha man. Estamos no Nadal.
¡ Felices Festas !



2 comentarios:

  1. Desexovos unhas boas festas e Feliz ano 2010 ós colaboradores e seguidores deste blog e especialmente a Maquiáns por compartir as súas sabedorías.
    Unha aperta a todos.
    Óscar E. Sarmiento

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Julio. Precisamente Catherine Gasquoine está traducida o galego, nun libro publicado por Galaxia, "Un verán en Galicia", xa que ela e o seu marido viñeron a pescar os nosos ríos e quedaron abraiados do bos que eran. Sobre todo o río Miño.
    Unha mágoa que hoxe este como está...
    Xunto o meu nome vai un link de varios trozos de esa autora que aproveite para a miña web sobre "A vida nos ríos galegos2.
    O libro é o mismo "A summer holiday in Galicia" de Catherine Gasquoine publicado en 1911. Que sepas logo que está en galego. Unha xoia.

    ResponderEliminar