martes, 4 de mayo de 2010

A Fonte da Prata nun día de feira

Outra foto sacada dun libro que me envía Rafa Salgado, e por esas cousas da informática, ou mellor dito, da miña cabeza, xa non sei de que libro está sacada.
Ás veces perdo algunha información sobre as fotos, e xa non quero aventurar máis nada, máxime cando o outro día publiquei unha da Porta Nova e dixen que estaba sacada do libro "25 anos de paz" publicado no ano 1957.
Alguén nun comentario moi acertado axúdame a facer a suma. E como todo o mundo sabe 1939 máis 25 dá 1964, có que algún erro debe de haber.
O caso é, que só sei que esta foto viña datada nun libro có ano 1939, e nela podemos ver a animación que hai no entorno da Fonte da Prata supoño que nun día de feira.
Eu persoalmente teño o pálpito de que esta foto é moito máis antiga, máis que nada, esa sensación ven dada polas vestimentas e as roupas dos que nela saen. De todas formas o importante é que vexamos a morea de xente que se congregaba na nosa vila nos días de feira.



2 comentarios:

  1. hola Julio, por alusiones, te explico donde esta el error.
    La fotografía de la fonte nova, sale publicada en el libro "20 años de paz en el movimiento nacional bajo el mandato de Franco", año 1959.
    Del libro "25 años de Paz", que forma parte de la coleccion España en Paz, y el titulo real es "Orense España en Paz", año 1964. La fotografia de hoy creo que es de otro "libro"(realmente es un trabajo que hacia el gobierno civil para explicar cuales habian sido sus aportaciones) , "Avances de la provincia de Orense" 1957
    El error, es culpa mia, porque debi trastocar fechas de publicación.
    Pido disculpas
    Rafa Salgado

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Anxelis pola túa intervención.
    Entón xa queda claro que a foto da Porta Nova, é do libro "20 años de paz en el Movimiento Nacional bajo el mandato de Franco" de 1959.
    Esta de hoxe é de "Avances de la provincia de Orense" de 1957.

    E do libro que forma parte da colección "España en Paz" de 1964 non hai ningunha foto.
    O asunto, que non tiña maior importancia, xa está aclarado, e repito o meu agradecemento pola túa deferencia.

    ResponderEliminar