miércoles, 10 de noviembre de 2010

Los Murciélagos

Fai uns días levei esta agradable sorpresa, ó atopar no foro do Instituto un comentario sobre a existencia dun disco gravado por un grupo de xóvenes ribadavienses denominados "Los Murciélagos" e do que eu non tiña ningún coñecemento.
O caso é que Mª José Bouzas atopou nun blog chamado "18 Rodas" estas fotos da portada e contraportada do EP publicado no ano 1966 titulado "Sigue, sigue". É de aí, de onde eu saquei as fotos, e de onde collín o enlace para que poidades escoitar un dos temas do seu disco, en concreto o unha versión do Satisfaccion dos Rolling Stones.
Nese blog tamén podedes ler un artigo completo sobre esta banda, escrito por Antonio Castro coa colaboración de Carlos Rego.
Neste outro enlace do " SonicWave Magacine" falan tamén deles nun artigo sobre os comezos do rock ourensán.
Segundo Mª José, o guitarrista era o seu primo J. Antonio Bouzas Bouzas "Totó"que vive agora en Sevilla, e pensa que un dos fillos do Bejarano tamén formaba parte do grupo. Na pouca información que fun capaz de atopar sobre eles, se fala de que outro dos seus compoñentes era o ourensán Curro Outeiriño, e que no ano 65 fixeron varios bolos por Galicia da man do representante Pepe Garalva.




2 comentarios:

  1. Actuaron nas festas do Portal de 1965.Heran 5. 4 de Ribadavia e 1 de Ourense. De Ribadavia: Emilio Bejarano Galdino,Jose Gonzalez Almuiña,Daniel Iglesias Peña e J.Antonio Bouzas Bouzas.O de Ourense Luis Antonio Outeiriño Miguez.?Que mais queres saber¿apmein

    ResponderEliminar
  2. Cando escribin o comentario anterior, non habia leido "18 rodas"."Los Murcieñagos" ensayaban no Clud. Tocaron algunhas veces,no xardin,que entonces tiña a sociedade.O compoñente de Ourense,Luis Antonio Outeiriño Miguez(Curro), viña nunha "moto pequena".apmein

    ResponderEliminar