miércoles, 24 de noviembre de 2010

Unha cuadrilla

Outra pandilla da vila, desas que ían sempre de viños. Amigos que acostumaban a se xuntar e a falar das súas cousas mentres percorrían os distintos establecementos hosteleiros na procura dun alivio para a gorxa.
Quizabes agora, cos tempos que corren, e as presas da vida moderna, faise máis difícil ver a estes grupos polas rúas, pero penso que aínda se está a manter esta costume, máis cando comenzan a chegar os fríos do inverno, e síntese a necesida de quecer o corpo.
Me teredes que axudar a identificar ós compoñentes deste grupo, xa que só coñezo a Quico Bouzas "Floravia", que ven sendo o segundo comenzando pola esquerda. Dos outros non sei ren. Teño algunha suposición, pero será mellor esperar ós vosos comentarios, que de seguro estarán máis autorizados.
Por certo ...¿Lembrades cando se fixo aquel "Chiquita Cross" nunhas festas de Ribadavia? ¿Que pasaría si se intentase organizar hoxe?
Para os que non se lembren, tratábase dun concurso-carreira que, como seu nome indica, consistía en recorrer os diversos bares e tascas da vila, e tomar en cada un deles unha chiquita, tendo, coma non, que facer diversas probas sorpresa de habilidade e de equilibrio polo medio. Xa non lembro quen gañou, que debeu de tomar algo así como vinte viños, e tampouco en que ano se fixo, pero de seguro que si se fixera hoxe ocupariamos as primeiras páxinas dos xornais e das televisións.
Grazas coma sempre pola foto a Mª José Bouzas.



2 comentarios:

  1. El señor de gafas al lado de Quico Floravia, es Ángel Dicha un pintor que por entonces vivía en Ribadavia.

    ResponderEliminar
  2. O camarero creo que se chama Vicente, o que está ó lado de A.Dicha chamábase Enrique, era da Veiga, conductor de autocar, e o quinto penso que era José "O Caxicas", ó da barra non me atrevo a identifica-lo.
    FJB

    ResponderEliminar