lunes, 9 de abril de 2012

No 75

Esta é outra postal atopada por aí. É máis ou menos recente si é que a comparamos coas outras que estamos a poñer estes días. Trátase da Alameda en plena preparación da XII Feira do Viño, e nos serve un pouco para ver como se decoraba a exposicióna nesta época, na mesma liña continuista das primeiras edicións. A portada derriba da fonte, os pipotes, e as bandeiras cubrindo toda a fachada.
Á esquerda aparece cortado un automóbil de cor branco, distinto ós que se vían daquela pola vila. Eu non é que saiba moito de coches, pero ese en concreto o coñecín ben, xa que pertencía a Manuel Lage, do que xa puxemos algunhas fotos no blog por cortesía da súa viúva Mari Cármen López.
O auto en cuestión era un Volkswagen 1600 TL, con cambio automático, que trouxera de Venezuela onde estivera emigrado, e que ós rapaces que daquela tiñamos quince ou dezaseis anos, e comenzabamos a ter un certo interés polos coches,  nos chamba a atención aquelo de que non tivese embrage coma tódolos demais que circulaban pola vila.
Supoño eu que estaría aí estacionado debido a que el traballaba neses anos na Cooperativa do Ribeiro.





1 comentario:

  1. VEN FERMOSA QUE ERA A ALAMEDA. ISTES GOBERNANTES NON SOIO FIXERON UNHA DESFEITA SENON QUE PERDERON ESA MAXIA QUE TIÑA A FEIRA , FESTA DO VIÑO NA NOSA RIBADAVIA. HOXE EN DIA DA A IMPRESION E A DE REMATAR NUN BOTELLODROMO DO RIBEIRO.

    ResponderEliminar