Esta é outra das fotos que nos
envía Xesús García. Tamén está feita no chalet dos Alonso, pero en concreto no
ano 1911. Está firmada por Emilio Sánchez, que era farmaceútico, (tío avó de Tirso Sánchez) e que lla envía a Jesusa García Varela, da que xa falamos nunha entrada anterior.
Como eu non son experto nestas
cuestións, envieilla a Lolín Lira para que nos axudase nas
identificacións. Recoñeceu a Manuel Meruéndano, que é o primeiro pola
dereita, está de pé, e ten unha man nun dos
seus petos. A nena pequena que está á
súa dereita cunha especie de tocado na cabeza é
Rosita Alonso, (da familia do chalet, e nai de José Antonio
Hermida). Tamén recoñece a Javier
Meruéndano, que está sentado de primeiro
pola esquerda cunha garavata con forma de T.
Do resto pouco, ou nada sabemos. Xa pasaron máis de cen anos, pero si coñecedes a alguén, deixade un comentario.
Do resto pouco, ou nada sabemos. Xa pasaron máis de cen anos, pero si coñecedes a alguén, deixade un comentario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario