O outro día, mentres estaba a ler o libro "Murgas e cancións dos Carnavais de Ribadavia", veume á cabeza unha pequena nova que uns días antes recollera do xornal "El compostelano" publicado en Santiago de Compostela o 29 se Setembro do ano 1923.
Nela falábase do grande éxito que acadara un tenor galego, e máis concretamente ribadaviense, nas lonxanas terras chilenas.
Pero o mellor será que pinchedes na foto e o comprobedes vós mesmos.
O tenor chamábase Antonio Araújo, e ben pouco sabemos del. Como me picaba a curiosidade, soliciteilles rapidamente informacións a Lolín Lira, e a Marcos Gómez Moure, por si eles, que están bastante máis preparados ca min, sabían algo. E os dous respostaron o mesmo:
Que lle alcumaban "Casiano", e que aparecen reseñas nos xornais ribadavienses da época comentando os seus éxitos na Arxentina, en concreto, en Bós Aires o 5 de Xaneiro do 1929; e en Bahía Branca o 22 de Decembro do mesmo ano.
Todo un misterio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario