Que sorte poder documentar as fotos así, deste xeito, tal e como mas envía Lolín Lira. É o bó que ten escribir nas fotos pola parte de atrás. Parece unha parvada, pero non o é. Imaxinade a cantidade de cousas que saberiamos agora dos nosos antepasados, si nas traseiras das fotos aparecesen apuntados os nomes dos fotografiados , os lugares, e incluso a data exacta na que se efectuou o disparo. Cantas preguntas estarían contestadas. Tomade nota que o tempo pasa.
Pero centrémonos de novo no Avia, ó seu paso pola ponte de San Francisco. Mete medo, aínda que xa o miramos outras veces peor. Esta chea do Avia, en concreto, foi do día 28 de Decembro do ano 1959. Eu daquela, aínda non nacera, pero xa debía de andar dando couces no ventre da miña nai, e ó mellor de tanto escoitar o río, lle collín querencia a auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario