Recibo, esta foto totalmente descoñecida para min, de Juan Antonio Fernández. Seica é do ano 1935, e como podemos ver, a rúa está parcialmente enchoupada de auga. O que no sei, coma sempre, é o que pasou exactamente. Supoño que toda esa chea de auga foi froito dunha forte e violenta treboada de choiva, que debeu de arroiar a terra das partes altas da vila ata aquí.
Penso que a fermosura da foto radica na captura do momento. O fotógrafo e capaz de amosarnos a ledicia e a fachenda deses picariños, que ata ousan a mollalo cos seus caldeiros, en presencia de todos os veciños, que observan a escena situados a rentes dos muros para evitar mollarse.
Unha fermosa foto. Gracias Pipo por compartila connosco.
Que simpática la foto.
ResponderEliminarQue tiempos aquellos....
Gracias Julio y enhorabuena por tu trabajo.