jueves, 15 de julio de 2010

A veronza

Con esta refrescante postal da Veronza damos por rematada esta tempada, voltaremos no mes de Setembro.
Perdoade que me tome tantas vacacións, pero son días para disfrutar da familia, sen preocupacións, sen conexións a Internet, e sen andar ás apuradas, como andamos moitas veces.
Para os que me seguides, só vos pido un pouquiño de paciencia, pensade que haberá tempo para todo.
Dentro de pouco, cando cando cheguen as choivas, cando os días sexan máis curtos, cando faga frío, e teñamos que quedarnos na casa. Dentro de pouco, seguiremos con Maquiáns.
Un forte abrazo a tod@s e que disfrutedes do verán coma fixemos nós de nenos durante moitos anos nesa presa da foto. A da Veronza no río Avia. Cantos recordos...



1 comentario:

  1. Julio que pases un bo verán e unha vez máis grazas polo blog que permite disfrutalo aprendendo e descubrindo moitas cousas da vila de Ribadavia.O.E.Sarmiento.

    ResponderEliminar